HomeSucesosCachan por cuarta vez no Saviñao a un septuaxenario conducindo sen carné...

Cachan por cuarta vez no Saviñao a un septuaxenario conducindo sen carné e posto de cocaína

O home ten 73 anos.

Publicado o

- Advertisement -

Garda Civil interceptou por cuarta vez no municipio lucense do Saviñao a un condutor septuaxenario que circulaba sen carné e tras consumir drogas. En concreto, os feitos ocorreron o pasado mes de xaneiro, cando a Benemérita detectou a un home, de 73 anos de idade, que conducía a pesar de carecer de permiso pola perda total dos puntos. Ademais, tras someterse a unha proba de drogas, arroxou un resultado positivo en cocaína. Así mesmo, os funcionarios comprobaron a multirreincidencia do home na comisión deste tipo de delitos, comprobando que esta conduta se repetiu en catro ocasións nos últimos sete meses e, na maioría dos casos, relacionadas coa condución con presenza de drogas no organismo.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...