HomeSucesosDetidos dous veciños de Sober por roubar un martelo hidráulico das obras...

Detidos dous veciños de Sober por roubar un martelo hidráulico das obras da A-6

Os arrestados utilizaban o martelo hidráulico subtraído nos traballos que desempeñaban, para o que o reformaron e adaptaron para axustalo a unha escavadora da que facían uso.

Publicado o

- Advertisement -

Garda Civil detivo a dous veciños de Sober de 32 e 40 anos de idade como supostos autores de delitos de furto e pertenza a grupo criminal tras subtraer un martelo hidráulico de 1.200 quilos, valorado en 10.000 euros das obras de acondicionamento da autovía A-6 ao seu paso por Baralla. Diso informou o Instituto armado, que explicou que as actuacións leváronse a cabo no marco da operación Perba e que, dado o peso e as dimensións do obxecto subtraído, os autores necesitaron un longo período de tempo para proceder á súa carga e posterior traslado do lugar.

A investigación policial conduciu aos axentes ata os presuntos autores, que están vinculados ao sector madeireiro forestal. Os arrestados utilizaban o martelo hidráulico subtraído nos traballos que desempeñaban, para o que o reformaron e adaptaron para axustalo a unha escavadora da que facían uso. A Garda Civil logrou recuperar nun monte forestal da localidade de Baleira-Lugo o obxecto subtraído, que estaba desmontado no momento de ser localizado posto que lle estaban efectuando unhas reparacións.

A máquina foi devolta ao seu lexítimo propietario, a quen a subtracción causara un gran prexuízo ao tratarse dun obxecto imprescindible para o desempeño de actividade laboral. A investigación policial segue aberta e non se descartan máis detidos. Os dous individuos foron postos a disposición do Xulgado de primeira instancia e instrución de Becerrea.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...