HomeSucesosDetidos dous veciños de Sober por roubar un martelo hidráulico das obras...

Detidos dous veciños de Sober por roubar un martelo hidráulico das obras da A-6

Os arrestados utilizaban o martelo hidráulico subtraído nos traballos que desempeñaban, para o que o reformaron e adaptaron para axustalo a unha escavadora da que facían uso.

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a dous veciños de Sober de 32 e 40 anos de idade como supostos autores de delitos de furto e pertenza a grupo criminal tras subtraer un martelo hidráulico de 1.200 quilos, valorado en 10.000 euros das obras de acondicionamento da autovía A-6 ao seu paso por Baralla. Diso informou o Instituto armado, que explicou que as actuacións leváronse a cabo no marco da operación Perba e que, dado o peso e as dimensións do obxecto subtraído, os autores necesitaron un longo período de tempo para proceder á súa carga e posterior traslado do lugar.

A investigación policial conduciu aos axentes ata os presuntos autores, que están vinculados ao sector madeireiro forestal. Os arrestados utilizaban o martelo hidráulico subtraído nos traballos que desempeñaban, para o que o reformaron e adaptaron para axustalo a unha escavadora da que facían uso. A Garda Civil logrou recuperar nun monte forestal da localidade de Baleira-Lugo o obxecto subtraído, que estaba desmontado no momento de ser localizado posto que lle estaban efectuando unhas reparacións.

A máquina foi devolta ao seu lexítimo propietario, a quen a subtracción causara un gran prexuízo ao tratarse dun obxecto imprescindible para o desempeño de actividade laboral. A investigación policial segue aberta e non se descartan máis detidos. Os dous individuos foron postos a disposición do Xulgado de primeira instancia e instrución de Becerrea.

ÚLTIMAS

O recanteiro de Lugo Sur, Julio Ferrín, canta hoxe no Luar

O quirogués Julio Ferrín estréase na sección 'Recantos' do programa Luar da TVG. No...

O GDR Ribeira Sacra-Courel aproba 34 proxectos que mobilizarán máis de 2,5M€ de investimento no territorio

As axudas LEADER buscan impulsar novas iniciativas empresariais, mellorar a competitividade das actividades existentes...

A 48 edición do Rally San Froilán, os días 16 e 17 de outubro, estrea treito en Sarria

As novidades do percorrido son o treito de Baralla, con saída e meta na...

Aberto o prazo de matriculación para a Escola Municipal de Danza de Monforte

O Concello de Monforte informa á veciñanza que a Escola de Danza Municipal comezará...