HomeTerra de LemosMonfortePrisión para 3 dos 8 detidos na operación antidroga en Monforte coa...

Prisión para 3 dos 8 detidos na operación antidroga en Monforte coa incautación de varias substancias ilegais

Dirixido polo Grupo Local de Policía Xudicial, contou co apoio da Xefatura Superior de Policía coa intervención da UIP (Unidade de Intervención Policial), o equipo técnico de Guías Caninos e tamén os integrantes da Policía Xudicial da Comisaría de Lugo

Publicado o

- Advertisement -

A operación antidroga realizada en Monforte de Lemos o día 12, con oito detidos, saldouse coa incautación de 720 dose de cocaína, ademais doutras sustancias como haxix, marihuana e pastillas. Dos 8, só tres ingresaron finalmente en prisión.

Así o informa a Policía Nacional sobre un operativo destinado a desarticular varios puntos negros de venda. Dirixido polo Grupo Local de Policía Xudicial, contou co apoio da Xefatura Superior de Policía coa intervención da UIP (Unidade de Intervención Policial), o equipo técnico de Guías Caninos e tamén os integrantes da Policía Xudicial da Comisaría de Lugo.

A eles sumáronse o Grupo Local de Seguridade Cidadá e Policía Científica da Comisaría de Monforte de Lemos. Os axentes levaron a cabo rexistros simultáneos en catro vivendas sitas no mesmo inmoble da rúa Duquesa, atopándose en todas elas mercadoría para o tráfico de drogas, balanzas de precisión, utensilios de corte, pastillas e efectivo superior a dez mil euros.

O dispositivo prolongouse durante cinco horas, xerando unha gran expectación na cidadanía ante o despregamento de medios policiais. Os rexistros estendéronse igualmente a un coñecido local de hostalaría próximo ao inmoble.

En canto ás sustancias incautadas, ademais de haxix, marihuana e pastillas, destacan as doses de cocaína xa preparadas para a súa distribución e venda. Como resultado do operativo practicáronse sete detencións por tráfico de drogas e unha por resistencia e desobediencia.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...