HomeSucesosGrave ataque contra o futuro centro de menores migrantes de Monforte

Grave ataque contra o futuro centro de menores migrantes de Monforte

Foron lanzados dous coctel molotov que causaron graves danos.

Publicado o

- Advertisement -

Policía Nacional investiga o ataque con dous cóctel molotov contra o edificio do municipio lucense de Monforte de Lemos que albergará o centro da Xunta para acoller a menores migrantes.

Os feitos producíronse sobre as 03.00 horas deste sábado cando saltou a alarma do baixo, no que a explosión desta bomba incendiaria de fabricación caseira causou numerosos danos materiais.

En concreto, o baixo está situado no edificio residencial Francisco Suárez que Prodeme ten no municipio e o suceso ocorre unha semana despois de que a conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciase a creación deste centro, que contará con 80 prazas. Fontes da Consellería de Política Social, consultadas por Europa Press, condenan “calquera acto de violencia” e piden prudencia para deixar traballar aos corpos policiais.

ÚLTIMAS

Presentado o cartel do ‘Xanela Fest’ que promove a operadora chantadina Xanela

Este venres 10 de outubro presentouse en Guntín o cartel do Xanela Fest, evento...

O PP anuncia no Parlamento que a Xunta investirá 30M€ no Hospital de Monforte, mentres o BNG reclama solucións ás listas de espera

A iniciativa nacionalista demandaba garantir a cobertura completa de prazas nos servizos con maiores...

“Habilidades e competencias para o emprego”, do 15 ao 17 de outubro no Centro Cívico de Monforte

Enmarcada no programa ALICIA-Activando la Igualdad, a actividade lévase a cabo en colaboración coa...

47 empresas lucenses benefícianse do programa Emega que impulsa o emprego feminino

Os deputados populares salientaron en Paradela que un total de 47 empresas da provincia...