HomeSucesosO condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120,...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O condutor dun camión resultou ferido e quedou atrapado tras unha saída de vía na estrada N-120, á altura do quilómetro 512, ao seu paso pola parroquia de Cereixa, no municipio da Pobra do Brollón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes, a través dunha alerta emitida polo sistema de emerxencias dun ‘smartphone’ que indicaba que o seu propietario sufrira un accidente.

“Aínda que se tentou establecer contacto con el, non foi posible nun primeiro momento, polo que se iniciou de inmediato a mobilización dos recursos de emerxencia”, explica o 112. Minutos despois, un particular que circulaba pola zona confirmou a saída de vía do camión e indicou que o condutor podería atoparse atrapado.

Unha vez no lugar, o persoal sanitario decidiu mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Ourense para trasladar ao ferido ao hospital tras ser excarcerado polos servizos de emerxencia. Foron avisados 061, Bombeiros de Monforte, GES de Quiroga e Garda Civil de Tráfico.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...