HomeSucesosTrasladado en helicóptero o ferido grave na Pobra do Brollón ao pasarlle...

Trasladado en helicóptero o ferido grave na Pobra do Brollón ao pasarlle por riba o seu propio tractor

Publicado o

- Advertisement -

Un home resultou ferido de gravidade durante a mañá deste martes no Concello da Pobra do Brollón, ao pasarlle por riba o seu propio tractor mentres realizaba tarefas agrícolas. O accidente ocorreu sobre as 12,30 horas na parroquia de Castrosante. O ferido foi trasladado no helicóptero medicalizado para recibir asistencia sanitaria.

Desde o 112 Galicia solicitouse asistencia médica urxente para o ferido, avisando aos profesionais sanitarios, que enviaron á zona o helicóptero medicalizado con base en Santiago, aos Bombeiros de Monforte de Lemos e á Garda Civil. O ferido estaba liberado e accesible, polo que descartaron empregar o material de excarceración. Tamén foi solicitada a colaboración dos membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal ( GES) de Folgoso do Courel e de Protección Civil da localidade.

 

ÚLTIMAS

Bóveda mellora a eficiencia enerxética en instalacións municipais

Acometéronse dúas actuacións diferenciadas. Por un lado, levouse a cabo a mellora da eficiencia...

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Primeiro foi 'Alvorada', despois seguiulle 'Metamorfose', e agora chega a terceira peza final da...

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...