Aínda que choveu pola mañá, a tarde do martes de entroido quedou apacible e o desfile de comparsas e disfraces 2020 celebrouse exitosamente. Carrozas e comparsas moi vistosas, algunhas críticas, outras festeiras e o sentido do humor tamén moi presente na maioría delas e nos disfraces individuais.
Sempre aparecen clásicos como o circo, os anos 80, o mundo marino, os piratas, superheroes, persoaxes de debuxos animados, animais, universos fantásticos… pero tamén están eses que sorprenden e sacan o sorriso pola idea ou por lembrar con moita retranca a propia realidade. Neste caso poderíamos encadrar por exemplo a “Dos hombres y un destino”, disfraz individual premiado no que se parodiaba o pacto entre Pedro Sánchez e Pablo Iglesias;“Os iluminados”, na que se lembraba con sorna o fenómeno mediático de Abel Caballero, as luces e a noria de Vigo; ou o simpático disfraz de Peppa Pig cun cartel que poñía “libreime da matanza”.




E nos de crítica social, que emocionou á xente maior, destacar a comparsa de “Volta á emigración”, unha crítica social á terrible emigración que baleira o rural galego. Este grupo viña de Distriz e levou varios premios, entre eles a de “mellor comparsa tradicional”.


E no apartado de espectáculo, cachondeo e humor, como non, a carroza do barrio monfortino de Carude. O seu “Orgullo de Carude” -parodia da festa do orgullo- levou, entre outros, o “premio ao mellor humor”.

De fóra de Monforte viñeron 8 comparsas participantes, 5 delas premiadas: “O bosque sacro” de Sober, “Volando sin miedo” de Sarria, “Piratas del Caribe” tamén de Sarria, “As picantonas” do Incio e “Os decididos” de Millán en Sober.

O premio “gordo”, dotado con 1.000 euros, foi para “Los arlequines de la Torre” da Fundación Educativa Torre de Lemos de Monforte na categoría de ‘comparsas de máis de 90 compoñentes.
PREMIOS DESFILE DE COMPARSAS 2020
COMPARSAS DE FÓRA
5º.- OS DECIDIDOS (Millán –Sober) 100€
4º.- AS PICANTONAS (O Incio) 200€
3º.- PIRATAS DEL CARIBE (Os Revoltosos de Sarria) 250€
2º.- VOLANDO SIN MIEDO (APA Colexio da Asunción –Sarria) 300€
1º.- O BOSQUE SACRO (Concello de Sober) 350€
—————————————————————————-
PREMIO AO MELLOR HUMOR
– ORGULLO DE CARUDE (Comparsa barrio Carude) 100€
—————————————————————————-
PREMIO Á POSTA EN ESCEA
– BIBIDIBABIDIBÚ (Clube Quicela Ximnasia Rítmica) 100€
—————————————————————————-
PREMIO CRÍTICA DE ACTUALIDADE
– DOS HOMBRES Y UN DESTINO (Héctor Manuel Díaz López) 100€
—————————————————————————-
PREMIO MÚSICA EN VIVO
– VOLTA Á EMIGRACIÓN (Distriz) 100€
—————————————————————————-
PREMIO COMPARSA TRADICIONAL
– VOLTA Á EMIGRACIÓN (Distriz) 100€
—————————————————————————-
PREMIO ÁS CARROZAS
Accésit .-
A BANDA DE MAIORETTES (Asoc. Cult. Os Xograres de Lemos) 60€
Accésit .-
BIBIDIBABIDIBÚ (Clube Quicela Ximnasia Rítmica) 60€
Accésit .-
URXENCIAS SANITARIAS 061 (Carla Garrido e Lucía Rguez.) 60€
3º.- ARLEQUINEANDO CA GÁNDARA (Anpa Colexio a Gándara) 90€
3º.- TIC-TAC, TIC-TAC (Colexio PP. Escolapios) 90€
2º.- VOLTA Á EMIGRACIÓN (Distriz) 150€
2º.- FANTASÍA BAJO DEL MAR (Colexio Ferroviario) 150€
1º.- EL MUNDO DE MALÉFICA (Berta López Díaz) 300€
—————————————————————————-
INDIVIDUAL INFANTIL
3º.- SEVILLANA (Noa Díaz Rguez) 50€
2º.- URXENCIAS SANITARIAS 06 (Carla Garrido e Lucía Rguez.) 60€
1º.- CANDO O MAR VISITA MONFORTE
(Valentina e Francesca Brown Ravagni) 90€
—————————————————————————-
INDIVIDUAL ADULTO
Accésit .- LA ESTATUA DE LA LIBERTAD
(Mª Victoria Salgueiro Losada) 30€
Accésit .- DOS HOMBRES Y UN DESTINO
(Hector Manuel Díaz López) 30€
3º.- HINDÚ (Luisa Astray García) 50€
2º.- BUHO CARNAVALERO (Mª del Pilar Castillo González) 75€
1º.- DISCO 70 (Elena Mª Goyanes Vázquez) 100€
—————————————————————————-
COMPARSA INFANTIL
1º.- PIONEIRAS (IES A Pinguela) 200€
—————————————————————————-
COMPARSAS ENTRE 4 e 24 COMPOÑENTES
Accésit .- EL CIRCO (Mª Carmen López Lorenzo) 90€
Accésit .- SUPERHEROES AVENGERS (Diana Rguez. Macía) 90€
Accésit .- EL REY LEÓN (Matilde Corral López) 90€
2º.- BOB ESPONJA YA LLEGÓ (Cobas) 150€
1º.- FANTASÍA (Lola Villasol Corzo) 200€
—————————————————————————-
COMPARSAS ENTRE 25 e 50 COMPOÑENTES
Accésit .- LA CASA DE PAPEL (Veciños Calvo Sotelo) 90€
Accésit .- XUGUETILANDIA (Cáritas Diocesana Lugo) 90€
Accésit .- ARLEQUINEANDO CA GÁNDARA
(Anpa Colexio a Gándara) 90€
3º.- ORGULLO DE CARUDE (Comparsa barrio Carude) 150€
3º.- VOLTA Á EMIGRACIÓN (Distriz) 150€
2º.- A BANDA DE MAIORETTES (Asoc. Cult. Os Xograres de Lemos) 200€
1º.- EL MUNDO DE MALÉFICA (Berta López Díaz) 350€
—————————————————————————-
COMPARSAS ENTRE 51 e 90 COMPOÑENTES
3º.- JUEGOS REUNIDOS (Asociación PRODEME) 180€
2º.- TIC-TAC, TIC-TAC (Colexio PP. Escolapios) 300€
1º.- BIBIDIBABIDIBÚ (Clube Quicela Ximnasia Rítmica) 450€
—————————————————————————-
COMPARSAS DE MÁIS DE 90 COMPOÑENTES
2º.- FANTASÍA BAJO DEL MAR (Colexio Ferroviario) 650€
1º.- LOS ARLEQUINES DE LA TORRE
(Fundación Educativa Torre de Lemos) 1000€