HomeTerra de LemosMonforteA acusada de estafar á súa tía en Monforte alega que o...

A acusada de estafar á súa tía en Monforte alega que o delito xa prescribiu

Nega ter enganado á anciá para que lle transferira 70.000€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A muller de Monforte de Lemos acusada de estafar á súa tía, de avanzada idade e á que coidaba, negou os feitos no xuízo que arrincaba este xoves na sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo. Así o avanzou a avogada da procesada, Lucía Vázquez, antes de entrar no xuízo, onde defenderá a prescrición do delito nunha cuestión previa.

No entanto, a defensa da procesada incide na inocencia da súa clienta, para a que solicita a libre absolución. “Entendemos que non existe ningún tipo de tipicidade nos feitos que se lle imputan”, incidiu. A letrada nega a estafa que Fiscalía imputa á súa defendida, para a que pide seis anos de cárcere por un delito agravado de estafa.

“Imos negar absolutamente todo, porque para nós é unha cuestión civil”, manifestou a letrada Lucía Vázquez, que puxo o acento en que a súa clienta padece problemas de saúde que ven “agravados” polo proceso xudicial ao que é sometida.

ACUSACIÓN

No seu escrito de acusación, Fiscalía asegura que a acusada se encargaba desde finais do ano 2006 dos coidados de saúde necesarios da súa tía “por atoparse parte das súas facultades físicas e psíquicas afectadas para valerse por si mesma tendo problemas de mobilidade e lucidez debido á súa avanzada idade”.

A acusación pública mantén que “a procesada valéndose polo ánimo de lucro” enganou á tía “para que lle vendese mediante documento privado de data de 19 de xaneiro de 2007 a vivenda unifamiliar”, situada en Monforte, “por un importe de 20.000 euros cando o seu valor foi taxado na cantidade de 154.094 euros e os mobles que se atopaban no seu interior taxados nun total de 3.975 euros”.

Así mesmo, o Ministerio Público tamén asegura que a acusada se aproveitou das condicións do seu familiar e da confianza que tiña con ela para convencela, en xullo de 2007, para que realizase unha transferencia ao seu favor “de máis de 70.000 euros”. A anciá faleceu o 24 de xuño de 2013 aos 86 anos de idade, deixando un testatamento asinado nove anos antes no que repartía a súa herdanza a partes iguais entre os seus sete irmáns e os seus sobriños.

ÚLTIMAS

“Abrazando o bo trato” no Pazo de Tor

Baixo o lema “Abrazando o bo trato” realizouse visita guiada polo museo reparando nas pezas...

O PP lucense esixe garantir a seguridade no tramo de vía Monforte-Ourense

Os deputados do PP lucense amosan "a súa preocupación ante os problemas detectados durante...

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...