HomePolíticaBóveda aproba os orzamentos e inclúe unha bonificación do 100% no imposto...

Bóveda aproba os orzamentos e inclúe unha bonificación do 100% no imposto de construción

Segundo explicou o rexedor, José Manuel Arias, o que se pretende con esta iniciativa é “investir en fixar poboación e na mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas a través de distintas intervencións nas súas vivendas”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Goberno local do Concello de Bóveda vén de aprobar este venres no Pleno Municipal os Orzamentos para o 2021. Dentro dos mesmos acordouse incluír unha partida para subvencionar o 100% das licenzas de obra das vivendas unifamiliares da localidade. En concreto, subvencionarase o 100% sobre o imposto de construción para a rehabilitación interior e exterior, reconstrución ou construción de obra nova das vivendas unifamiliares.

Esta medida será efectiva unha vez que entren en vigor os orzamentos municipais de 2021 e terá carácter retroactivo, de maneira que se poderán beneficiar dela todo os veciños e veciñas que pagaran o imposto de construción desde o día 1 de xaneiro deste ano e estará vixente ao longo de todo o ano 2021.

ORZAMENTOS PARA 2021

Os orzamentos para o 2021, que ascenden a 1.426.031 euros, contaron cos votos a favor do equipo de Goberno, do PP, e a abstención do PSOE. Cómpre salientar nas contas aprobadas a dedicación para o gasto social (292.450 euros) e para investimentos reais.

Entre os principais proxectos atópanse fondos propios para o IDAE, para seguir avanzando no cambio de luminarias LED na Avenida San Vicente de Ver, no Parque Empresarial, na Avenida Alfonso XIII, na Avenida de Galicia e na Avenida de Santiago, entre outros lugares. E tamén se contempla a construcción dunha nave para albergar o viveiro de empresas, á que o Goberno local destina 65.000 euros; a pasarela da contorna do Río Mao, a compra dun vehículo eléctrico ou os 30.000 euros que van destinar a mellorar o firme das estradas naqueles puntos onde se atopa máis deteriorado.

O Goberno local destacou outras accións ás que se destinan recursos públicos dentro do orzamento como son as subvencións para a gardería, para asociacións e clubs de fútbol, así como a partida destinada a un novo obradoiro de emprego, a achega ao Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e a participación no proxecto empresarial Semente Ribeira Sacra, entre outros.

TAXA SOBRE EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS

No mesmo Pleno deste venres, 12 de marzo, a Corporación acordou tamén modificar a ordenanza fiscal que regula a taxa sobre a expedición de documentos. Esta modificación implicará a baixada do importe para a maior parte delas e incluso a retirada nalgún caso.

ÚLTIMAS

Xornada sobre o aove galego o 24 de xaneiro en Quiroga

Baixo o título de “Elaborar aceite de oliva virxe extra de calidade en Galicia....

A tradicional ‘panceta ao espeto e o chourizo asado’ nas Festas do San Vicente en Margaride

Margaride de Lor, parroquia do Concello de Quiroga, estará de festas a vindeira fin...

Chantada celebra o 14 de febreiro o Desfile de Comparsas con 6.000€ en premios

O Concello de Chantada, co obxectivo de promocionar e conservar as tradicións vinculadas co...

Quiroga abre o prazo para participar no concurso de carteis que anunciará a Feira do Viño

O tema central do cartel será a Feira do Viño de Quiroga, reflectindo a...