InicioTerra de LemosBóvedaPresentada a XVIII edición da Feira Outrora

Presentada a XVIII edición da Feira Outrora

A presentación do evento etnográfico contou coa presenza de Francisco Conde, vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación. Entre os atractivos deste ano haberá unha demostración de escultura con motoserra e un showcooking de tenreira galega suprema a cargo do chef Santi Almuíña.

Publicado o

- Advertisement -

Como cada ano, agás na pandemia, o Concello de Bóveda celebra en Rubián a súa feira máis tradicional e etnográfica, a Feira Outrora. O evento, que será o vindeiro xoves 14 de xullo, chega á súa XVIII edición con moitos atractivos como unha demostración de escultura con motoserra ou un showcooking a cargo dun chef de renome en Galicia. Pero, como noutras edicións, haberá tamén artesanía, obradoiros, música e xogos para os máis pequenos.

Na presentación oficial do cartel e da programación estiveron Elena Fabeiro, xerente de Artesanía de Galicia; Francisco Conde, vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación; José Manuel Arias, alcalde de Bóveda; Cristina Juíz, concelleira de cultura; e Manuel Heredia, director xeral de Comercio.

PROGRAMACIÓN

O evento dará comezo o xoves 14 de xullo ás 10:00 horas cunha exhibición de escultura con motoserra. Ás 10:45 horas será o pasarrúas a cargo do grupo de gaitas municipal.

Ás 11:00 h. da mañá farase a apertura dos postos e venda de Artesanía de Galicia, na que participan máis dunha ducia de expositores. Á mesma hora darán comezo os obradoiros de artesanía para familias. Un deles de marmolado e outro de creación de cianotipia.

Recinto feiral da Feira Tradicional Outrora / Peruchela

Ás 12:00 horas haberá un pasarrúas a cargo do Quinteto Atabal.

Ás 12:30 horas, e como novidade, farase un showcooking e degustación de tenreira galega suprema a cargo do chef Santi Almuíña do Restaurante Colón.

Xa pola tarde, ás 16:00 horas haberá outros obradoiros de artesanía para familias. Os obradoiros son gratuítos e pode participar calquera persoa. Serán impartidos por María José Martínez e José Antonio Carrera.

E non podía faltar, como cada ano, unha das actividades máis esperadas pola cativada, a “Festa da escuma”. Empezará ás 18:00 horas e rematará ás 19:00 h., momento no que se iniciará unha sesión de xogos tradicionais tamén pensada para eles.

Ás 20:00 horas terá lugar un concerto na capela da man do dúo formado por Ana Gayoso e Sara Méndez e ás 21:00 horas no mesmo lugar concerto de Noemí Mazoy.

Ás 22:00 horas unha charanga amenizará a noite coa tradicional degustación de ‘isco no guizo’ e a partir das 23:00 horas comeza a noite de pasodobre.

Cartel Outrora 2022

ÚLTIMAS

Convócase o concurso do cartel da XLIV Feira do Viño de Amandi con 700€ de premio

Poderá participar calquera persoa interesada con traballos en formato A3 e técnica libre. Presentaranse...

Este 5 de decembro arrinca en Sarria o “Tapicheo 23”

A primeira ruta confórmana Restaurante Camping Vila de Sarria, Mesón O Castro, Adarve e...

O Concello de Monforte apoia con 5.000 euros a participación de Eduardo Iglesias no Dakar

O piloto Eduardo Iglesias volverá competir no Rally máis duro do mundo e farao...

Que pasa no centro de saúde de Chantada?

O Concello de Chantada acordaba, no pleno celebrado en setembro, que o alcalde, Manuel...