HomeTerra de LemosMonforteDispáranse os contaxios en Monforte, que vinculan coa celebración de festas e...

Dispáranse os contaxios en Monforte, que vinculan coa celebración de festas e reunións

Son varios os municipios, das áreas sanitarias de Lugo e Ourense, nos que aumenta a incidencia acumulada.

Publicado o

- Advertisement -

Os brotes detectados nos últimos días en poboación nova fixeron que se dispare a incidencia acumulada en varios municipios das áreas sanitarias de Lugo e Ourense, áreas que, no cómputo global, presentan unha situación estable ou mesmo de tendencia decrecente con respecto á evolución da pandemia.

Nos municipios lucenses de Monforte e Castro de Rei, a incidencia acumulada elevouse ata 894 casos por 100.000 habitantes no primeiro caso, e a 651 casos por 100.000 habitantes no segundo.

Así o trasladou este luns o xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, Ramón Ares, quen explicou que, aínda que a situación é “estable” na conxunto da área, hai zonas onde “se concentran” os contaxios.

O municipio máis destacado nese sentido é Monforte, onde a pasada semana empezou a aumentar o número de casos positivos entre mozos de 16 a 18 anos, cuxo contaxio vincúlase á celebración de reunións e festas no fin de semana do 15 de agosto.

Neste concello, que se atopa en nivel medio de restricións, o total de casos activos é de 164, dos que 132 diagnosticáronse na última semana. Estes datos fixeron que a incidencia acumulada subise a 894 casos por cada 100.000 habitantes.

Ademais, o xerente da área sanitaria apuntou que aínda se está “en fase inicial” dos brotes, polo que é previsible que se detecten máis casos positivos vinculados con estes nos próximos días.

Ademais de Monforte, tamén se incrementou de forma notable a incidencia do Covid en Castro de Rei (que está en nivel medio-baixo de restricións), especialmente no núcleo de Castro Ribeiras do Lea. Neste caso, segundo Ramón Ares, a orixe dos brotes está tamén relacionado con reunións festivas e afecta sobre todo a xente de entre 16 e 18 anos.

En Castro de Rei hai 33 casos positivos, a maioría detectados na última semana, e a incidencia acumulada subiu ata os 651 casos por cada 100.000 habitantes. Sanidade segue tamén con especial atención a incidencia no municipio da Pastoriza, onde hai 21 casos activos, dos que 15 foron diagnosticados na última semana.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...