HomeTerra de LemosMonforteDetido en Monforte por agredir a outra persoa cun bate de béisbol...

Detido en Monforte por agredir a outra persoa cun bate de béisbol nunha zona de copas

Outras dúas persoas poderían estar implicadas neste episodio violento.

Publicado o

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron en Monforte a un home a pasado fin de semana como suposto autor dun delito grave de lesións, tras agredir a outra persoa cun bate de béisbol.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada do sábado ao domingo, no exterior dun local de lecer nocturno. A persoa ferida resultou con lesións na cara e no corpo, e tivo que ser trasladada ao Hospital de Monforte.

Ademais do home detido, suposto autor da agresión, a Policía identificou tamén a outras dúas persoas, que poderían estar implicadas neste episodio violento. Os axentes interviñeron o bate de béisbol co que presuntamente se cometeu o ataque, así como unha machada de 78 cm de longo.

ÚLTIMAS

A AAVV do Saviñao denuncia un vertedoiro ilegal na Lama de Escairón

Aseguran que fai máis dun ano que a área pública, localizada na Lama de...

Monforte renova as luminarias dos semáforos e instala dispositivos sonoros nos pasos de peóns

A Xunta de Goberno Local do pasado 29 de decembro aprobou a adxudicación de...

O BNG de Monforte solicita a nulidade do acordo plenario na moción que pedía a dimisión de Tomé

Desde o BNG lembran que a decisión de votar unha moción por puntos corresponde...