HomesociedadeSen circulación ferroviaria entre Monforte e Ponferrada por un desprendemento de terra

Sen circulación ferroviaria entre Monforte e Ponferrada por un desprendemento de terra

Pasaxeiros do convoi afectado, que facía a ruta Galicia-Barcelona, foron trasladados ata León en autobús.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un desprendemento que no mediodía deste xoves avariou un Alvia do percorrido Galicia-Barcelona, sen que ningún pasaxeiro resultase ferido, mantén cortada a circulación ferroviaria entre Monforte e Ponferrada (León).

En concreto, segundo as incidencias do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), o corremento de terra foi á saída dun túnel entre as estacións do Freixeiro e San Clodio, no termo municipal Quiroga.

O Alvia, que nun primeiro momento tivo que deterse polos leves danos sufridos polos materiais desprendidos, logrou posteriormente continuar a marcha ata San Clodio.

Desde alí, segundo fontes de Renfe consultadas por Europa Press, os pasaxeiros (aínda non hai detalles sobre cantos ían a bordo) foron trasladados ata León en autobús, para posteriormente continuar en tren ata os seus respectivos destinos.

O Alvia afectado saía da Coruña ás 8:05 horas da mañá e a hora de chegada a Barcelona sería ás 21:35 da noite.

Dáse a circunstancia de que un dos tramos anteriores ao momento do desprendemento xa permanecía cortado polas obras de electrificación da liña Lugo-Ourense realizadas por Adif. Por iso, os pasaxeiros xa tiveran que chegar a Monforte en autobús.

Pola tarde, a incidencia continúa aberta, polo que segue cortada a circulación de trens que van cara a Ponferrada por este desprendemento.

ÚLTIMAS

Inscricións abertas na Formación Universitaria gratuíta para maiores que se desenvolverá en Chantada en xuño

As 3 actividades formativas que se desenvolverán en Chantada no mes de xuño serán...

O PP de Monforte solicita que se habiliten aseos públicos na cidade para evitar “condutas incívicas”

A voceira popular, Katy Varela, sinala que se debería de poñer en marcha esta...

Unha Semana Santa ‘chea de maxia e diversión’ no CC Ponte Vella de Ourense

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense ofrece unha Semana Santa chea de actividades...

A ‘Carne ao Caldeiro’ en Castro de Carballedo sabe mellor

Castro de Carballedo será mañá, domingo 13 de abril, o destino escollido para moitos...