HomeSucesosAcepta dous anos de cadea por bater e acoitelar á súa parella...

Acepta dous anos de cadea por bater e acoitelar á súa parella mentres durmía

Publicado o

- Advertisement -

Unha muller aceptou dous anos de prisión por golpear e acoitelar á súa parella, un home discapacitado e case cego, mentres este durmía na súa vivenda de Monforte de Lemos. Nun principio, o Ministerio Público reclamaba para ela cinco anos de prisión ou o seu internamento nun hospital psiquiátrico, dado que padece un trastorno esquizoafectivo sen determinar. Finalmente, as partes chegaron a un acordo e o xuízo, previsto para este martes, non se celebrou.

Os feitos, segundo o escrito de cualificación de Fiscalía, ocorreron sobre a medianoite do 17 de novembro de 2018, cando a muller e a súa parella estaban no domicilio común desta localidade lucense.

Tal e como recolle o Ministerio Público, o home, que estaba xa durmindo nese momento, necesita de cadeira de rodas para desprazarse e presenta cegueira “practicamente completa por atrofia de nervio óptico, sendo dependente para as actividades básicas da vida diaria”.

O escrito de acusación apunta, así, que a procesada, valéndose “da súa situación de invalidez” e da súa maior forza física, propinoulle “varios golpes na cabeza” ao home e, tras espertarse a vítima, asestoulle varios cortes no pescozo cun coitelo de cociña.

ÚLTIMAS

Máis de 1.500 persoas desfilaron en Pantón este sábado e entregáronse máis de 5.000€ en premios

Este ano encabezaban o desfile os traxes tradicionais do Entroido de Budián e contábase...

5.600.000€ para a mellora do saneamento no Polígono do Reboredo

Esta modificación do acordo conta con todos os informes favorables e suporá “unha mellora...

Pantón celebra este 21 de febreiro o Desfile de Entroido con 50 comparsas e disfraces inscritos

O Concello de Pantón celebra este sábado, 21 de febreiro, o seu desfile de...

160 xogadores no I Campionato de Europa IPPA de Pitch&Putt que se celebrará en Monforte en xullo

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co presidente do Club de Golf...