HomeTerra de LemosMonforteADIF restaura o mural do vestíbulo da estación de Monforte

ADIF restaura o mural do vestíbulo da estación de Monforte

Publicado o

- Advertisement -

Adif restaurou o mural ferroviario do vestíbulo da estación de Monforte de Lemos. Desta actuación, destaca que a obra constitúe un documento histórico ao recrear o mapa ferroviario das liñas de ancho ibérico existentes en Galicia en 1954.

A súa restauración permitiu recuperar as cores orixinais e eliminar os efectos do paso do tempo nunha obra a cargo de Cándido Fernández Inchaurbe, delineante proyectista de Renfe.

A peza é unha pintura de corte realista e ton divulgativo, que destaca a importancia de Monforte de Lemos como nó ferroviario e na que se poden apreciar monumentos representativos de Galicia, como a Torre de Hércules, a muralla de Lugo ou a Ponte Vella de Ourense.

En relación a esta actuación, o alcalde, José Tomé, puxo en valor esta restauración por preservar “o legado histórico e cultural” do municipio.

ÚLTIMAS

‘Xornadas Lactouras’: achegamento á micoloxía desde diferentes perspectivas

Conta atrás para as 'Xornadas Lactouras', un ciclo de actividades arredor da micoloxía que...

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...