HomeTerra de LemosMonforteRebaixan a pena dun veciño de Monforte condenado por violación

Rebaixan a pena dun veciño de Monforte condenado por violación

En aplicación da lei do 'só si é si', de oito a sete anos de prisión.

Publicado o

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo rebaixou, en aplicación da lei do ‘só si é si’, de oito a sete anos de prisión a pena a un veciño de Monforte de Lemos condenado por violar a unha muller no seu coche tras ofrecerse a levala a casa.

Tal como informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a Audiencia accedeu a esta revisión pola aplicación da normativa, fixándose a pena en sete anos, “dentro da metade inferior e nun tramo medio superior” das penas posibles polo devandito delito. Ademais, tamén decretou a modificación da prohibición de achegarse e comunicarse coa vítima, fixándoa en once anos, un menos que na sentenza previa, de xaneiro de 2018.

Todo iso despois de que o condenado solicitase unha redución da súa pena de tres anos, pedindo á súa vez a súa “inmediata” posta en liberdade. Os feitos ocorreron en 2014, cando o home violou á muller no seu vehículo tras ofrecerse a levala a casa.

O home, V.P., ofreceuse para levar no seu coche á vítima, pero trasladouna ata unha zona despoblada. Alí insultouna, agrediuna e violouna, a pesar de que ela tentou defenderse propinándolle golpes co xeonllo e rabuñándolle. Foi condenado a oitos anos de cárcere en 2018, que foron reducidos a sete agora pola Audiencia de Lugo.

REXEITAMENTO

Por outra banda, o mesmo tribunal emitiu outro auto no que rexeita a revisión da pena solicitada, en aplicación da lei do ‘só si é si’, por un condenado a tres anos de cárcere por cometer un delito de agresión sexual en grao de tentativa.

O cumprimento da pena de prisión imposta, segundo explica o alto órgano provincial, impide proceder á revisión da sentenza solicitada.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...