HomeEconomíaFenestra-Alumetal inviste 8M€ nunha nova nave no Polígono do Reboredo

Fenestra-Alumetal inviste 8M€ nunha nova nave no Polígono do Reboredo

O investimento destinado a este novo proxecto empresarial do Grupo Fenestra-Alumetal superará ós 8 millóns de euros, xerando 10 postos de traballo, o que suporá un aumento da plantilla nun 25%.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e o responsable do Grupo Fenestra-Alumetal, Miguel de la Fuente, veñen de presentar o proxecto de construción dunha nova nave de Fenestra no Polígono do Reboredo, acompañados polo arquitecto que a deseñoi, Ramón Rodríguez do estudio Abante.

O Grupo Fenestra-Alumetal adquiriu unha parcela de 28.000 m2, ubicada xunto á parcela que adquiriu Kern Pharma. Construirase unha nave do tamaño dun campo de fútbol, é dicir, 10.000 m2 – 1 hectárea, o que lle vai permitir ter unha capacidade de produción de 400 ventás diarias, aumentando exponencialmente a súa capacidade de produción actual, e que están destinadas á exportacións dentro e fóra de Galicia.

“Un dato que da unha boa medida da importancia deste proxecto empresarial, é que vai realizar un investimento superior ós 8 millóns de euros, e vai xerar varios postos de trabalo, aumentando a plantilla nun 25% nesta primeira fase, dado que vai ser unha planta moi automatizada, con máquinas de última tecnoloxía”, subliñou José Tomé.

Desde a súa fundación no ano 2.000 polos irmáns Jorge e Miguel De La Fuente do Grupo Fenestra – Alumetal o seu traballo foi sinónimo de calidade e innovación no sector da carpintería de altas prestacións. Nos seus 25 anos de experiencia, a empresa destacouse por ofrecer solucións eficientes que melloran a calidade de vida das persoas e o medio ambiente, logrando un crecemento medio anual, na súa cifra de negocio, superior ao 30%. Actualmente conta cunha plantilla de 38 postos directos, e coa nova nave, prevé incrementar en 10 postos máis dita plantilla. Os principais mercados do Grupo Fenestra-Alumetal están en Galicia, Madrid e norte de Portugal.

Nova nave Fenestra / Concello de Monforte

A construción do novo centro de produción en Monforte de Lemos permitirá á empresa, non só atender a crecente demanda de xanelas de altas prestacións, senón tamén consolidar a súa posición como líder no sector da carpintería de PVC de altas prestacións. A previsión do Grupo é rematar a fábrica a finais do ano 2025 ou principios do 2026, e acadarán unha nave 4 veces máis grande que a que teñen actualmente no Polígono. As obras de construción da mesma xa deron inicio, levándose a cabo a cimentación, e comezando coa colocación da estrutura metálica.

ÚLTIMAS

Unha consultora especializada redactará as bases para a renovación do contrato da auga en Monforte

A Xunta de Goberno Local de Monforte deu luz verde á contratación dos traballos...

“Stop agresións”, o 5 de febreiro ás 12:00 concentración do Hospital de Monforte

Segundo o sindicato, a Dirección do Hospital Comarcal de Monforte ten que tomar as...

Entrega de premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2025 en Monforte

Este concurso, convocado pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo,...

A Rede Municipalista Solidaria reúnese na Pobra do Brollón

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou esta semana na xuntanza da...