HomeTerra de Lemossanidade"Como cambiamos? Enfermidade, sanidade e saúde en maiores", este 8 de novembro...

“Como cambiamos? Enfermidade, sanidade e saúde en maiores”, este 8 de novembro ás 18:00h no Hospital de Monforte

O salón de actos do Hospital de Monforte de Lemos acollerá este venres, 8 de novembro, a partir das 18:00h. o coloquio "Como cambiamos? Enfermidade, sanidade e saúde en maiores. Crónica desde a Atención Primaria", patrocinado por Boehringer Ingelheim.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con esta sesión sobre saúde en maiores desde a perspectiva da Atención Primaria continúase o ciclo de actividades de Asomega Maiores, que comezou coa sesión sobre novas tecnoloxías que se celebrou no Hospital de Lugo e a de Vigo sobre saúde mental. Nesta ocasión o obxectivo da cita é analizar a abordaxe desde a Atención Primaria das principais cuestións de saúde relacionadas cos maiores:

  • cambios na atención médica (avances e retos terapéuticos)
  • modelo de atención primaria
  • coordinación con outros niveis asistenciais
  • promoción da saúde
  • envellecemento activo

No encontro coincidirán todos os presidentes que tivo ata a data a Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia (SEMG):

  • Pilar Rodríguez Ledo, que detenta actualmente esta responsabilidade
  • Antonio Fernández Prol Ledesma (presidente de 2015 a 2023)
  • Benjamín Abarca (presidente de 2007 a 2015)
  • José Manuel Solla (de 2001 a 2007)
  • Juan José Rodríguez Sendín (entre 1995 e 2001)
  • Ignacio Burgos (de 1988 a 1995)

Estarán moderados por Inmaculada Ramos, directora do Distrito Sanitario de Monforte de Lemos. Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos. Os presidentes da SEMG debaterán sobre os cambios e evolución dos desafíos asistenciais e sanitarios na atención aos maiores en Primaria, baixo unha perspectiva temporal (últimos 35 anos), rural/urbana e de xénero.

O acceso é libre ao salón de actos do Hospital, previo rexistro nesta ligazón. Pero se non pode asistir, cabe a opción de conectarse en liña. Precisamente aproveitando esta posibilidade de asistencia remota, o Centro Galego de Madrid vai organizar un visionado conxunto en directo do evento no seu salón de actos.

Vídeo en directo: https://bit.ly/AsomegaMaiores_Monforte

Asomega é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo propósito é aglutinar aos profesionais do ámbito da saúde de orixe galega ou que teñan lazos especiais con esta terra. O seu obxectivo é incentivar o contacto humano e profesional coas universidades galegas, impulsar a formación dos seus socios, celebrar reunións científicas e fomentar a difusión do coñecemento científico baseado na evidencia.

O seu actual presidente é o doutor Julio Ancochea, ourensán de Pobra de Trives, xefe de Servizo de Pneumoloxía do Hospital da Princesa de Madrid, profesor titular e delegado da Reitora de Ciencias da Saúde na UAM. Entre as actividades máis destacadas da entidade destaca a concesión do Premio Nóvoa Santos á investigación médica; a Insignia de Ouro a unha personalidade galega do ámbito sanitario; ou a Bolsa de Medicina Rural.

ÚLTIMAS

O BNG inicia unha campaña de reivindicación do arranxo integral da N-540

O BNG inicia unha campaña de denuncia e reivindicación permanente do arranxo integral da...

A XXI Feira Medieval de Monforte presenta cartel e vídeo promocional

Monforte presenta a campaña promocional da vinteunha edición da Feira Medieval de Monforte, que...

Quiroga acolle o 5 e 6 de abril unhas xornadas formativas para para pilotos de parapente

Os vindeiros 5 e 6 de abril, a localidade de Quiroga converterase no epicentro...

Este 3 de abril comezan no centro cívico de Monforte os talleres “Constrúe a túa saída laboral no sector dos coidados”

Co obxectivo de mellorar a inserción laboral no sector sociosanitario, a Fundación Acción contra...