HomeTerra de LemosMonforteDetido en Monforte o autor dunha agresión nun partido de fútbol en...

Detido en Monforte o autor dunha agresión nun partido de fútbol en Ourense

O detido non foi identificado o momento dos feitos, pero as investigacións levadas a cabo pola Brigada de Seguridade Cidadá e a Policía Xudicial de Ourense permitiron a súa localización e arresto este martes

Publicado o

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo en Monforte de Lemos ao presunto autor dunha agresión cometida o pasado 26 de abril no campo de fútbol do colexio Salesianos de Ourense, onde o espectador irrompeu no terreo de xogo ao finalizar un partido de categoría cadete entre A Purísima B e Calasancio B, agredindo ao adestrador do equipo local e a un dos seus xogadores, menor de idade.

O detido non foi identificado o momento dos feitos, pero as investigacións levadas a cabo pola Brigada de Seguridade Cidadá e a Policía Xudicial de Ourense permitiron a súa localización e arresto este martes. Tras a súa detención, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Ourense.

Ambas as vítimas tiveron que ser atendidas polos servizos sanitarios no propio recinto deportivo e posteriormente nun centro médico. O adestrador presentaba un corte na cabeza, mentres que o menor sufriu un forte golpe no pescozo. O incidente foi recollido na acta arbitral do encontro.

AFIADOR RECLAMA MEDIDAS CAUTELARES

Tras coñecerse a detención, a Asociación Ourensá de Adestradores Afiador emitiu un comunicado no que condena “con firmeza” a agresión, especialmente “por producirse en presenza de menores e co agravante de golpear tamén a un deles”.

A entidade anunciou que exercerá a acusación popular no procedemento xudicial e que o seu socio, o adestrador agredido, será asistido como acusación particular polo letrado Jorge Álvarez González, especialista en dereito penal deportivo.

Entre as medidas cautelares que solicitarán ante a autoridade xudicial atópase a prohibición de acceso do investigado a calquera instalación deportiva mentres dure a instrución. Ademais, mostraron o seu respaldo ao colectivo arbitral e eloxiaron o labor dos corpos policiais pola eficacia da investigación.

A asociación aproveitou para reivindicar o papel dos adestradores de fútbol base e lembrou que está a desenvolver un plan de apoio para mellorar as súas condicións e protección, dada a importancia da súa función no ámbito deportivo e social.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...