HomesociedadeNun ano o Centro de Maiores da Pobra do Brollón será unha...

Nun ano o Centro de Maiores da Pobra do Brollón será unha realidade

A Deputación de Lugo adxudicou os traballos para a construción do Centro de Atención a Maiores da Pobra do Brollón por máis de 1,5M€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A empresa adxudicataria destas é Sergonsa Servicios SL e o prazo de execución é de 12 meses. A institución provincial tivo que iniciar un novo proceso de licitación logo de que o anterior contrato debera resolverse por cuestións alleas á Deputación de Lugo. 

A Deputación e o Concello da Pobra do Brollón asinaron o pasado outono a modificación do convenio de colaboración entre ambas entidades que recollía un cambio nas datas derivado da resolución do contrato anterior para a construción desta infraestrutura social.

O documento fixa agora como data límite o 31 de maio de 2022 para ter rematada e recibida esta residencia provincial. Así mesmo, a modificación tamén establece que o convenio terá vixencia ata finais do mes de xuño do 2022. 

ÚLTIMAS

Un ex-xefe da CIA avisa en Sober dos perigos da desinformación

O ex-xefe da CIA para América Latina chega a esta xornada desde a Universidade...

Iniciativa solidaria en Monforte para darlle unha nova vida a bicicletas en desuso

Provivienda, en colaboración coa Escola de Ciclismo Ribeira Sacra, o Clube Ciclista Monforte, o...

Defensa Persoal para Mulleres en Chantada este 18 de maio

A este respecto organízase para o domingo, 18 de maio, un Curso de Defensa...

A D.O. Ribeira Sacra brinda polo ‘Día Viño D.O.’ na XXX Mostra de Viños de Pantón

O brinde colectivo e simultáneo do que participarán 32 denominacións de orixe de España,...