HomeTerra de LemossanidadeO Hospital de Monforte quédase sen Subdirector de Xestión

O Hospital de Monforte quédase sen Subdirector de Xestión

A sección sindical de CIG-SAÚDE denuncia a eliminación do Subdirector de Xestión no hospital comarcal de Monforte de Lemos. Un paso mais na dependencia de Lugo, aseguran.

Publicado o

- Advertisement -

As competencias de Subdirección de Xestión pasan a levarse agora desde o HULA, “quedando Monforte sempre a expensas do que alí decidan”, aseguran desde a CIG-Saúde. Os únicos directivos que quedarán en Monforte, serán o Xerente Executivo e a Subdirectora de Enfermería.

A figura do Subdirector de Xestión, aparte de xestionar os cartos e as obras que se producen no hospital, era tamén a encargada do persoal non sanitario. Consideran desde a CIG que isto supón, que “calquera problema que xurda teremos que tratalo en Lugo ca dificultade que esto supón.”

Cando saiu o decreto de Xestión Integrada, a CIG Saúde anunciaba esta situación, que  unha das cousas que contemplaba era a desaparición das subdireccións de xestión dos hospitais comarcáis. “Chamáronnos alarmistas pero o final por desgracia cumpríuse o que nós deciamos”, aseguran desde a CIG Saúde.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...