HomeTerra de LemossanidadeA CIG Saúde acusa ao xerente do Hospital de Monforte de mentir

A CIG Saúde acusa ao xerente do Hospital de Monforte de mentir

A CIG Saúde no Hospital Comarcal de Monforte asegura que o xerente do centro hospitalario minte con respecto ao paridoiro, contratacións e prazas de especialistas.

Publicado o

- Advertisement -

O sindicato insiste en que houbo prazas dadas a dedo e que; polo tanto, o xerente minte cando di que non son prazas de admisión, “Son dúas prazas creadas a dedo para dúas persoas contratadas, as que se lles blinda o seu contrato, xa que si estiveran nunha interinidade coma él di, terían que cesar nos acomodos internos e esto non vai suceder. Minte cando dí que non son prazas de nova creación, xa que non existían neste hospital, e no lugar no que estas persoas tiñan a interinidade contratáronse dous acúmulos.”

Lamenta o sindicato que pola contra, cando teñen pedido aumento de persoal para as plantas, se lles informara de que dependía de Santiago.

En canto ás prazas de especialistas a CIG Saúde asegura que seguen as mentiras, “Agora mesmo neste hospital falta un dixestivo e están sen cubrir as baixas dunha cardióloga e unha pediatra. Ademais tampouco contamos xa nin cun médico codificador nin en admisión. E por si isto fora pouco tampouco temos xa Subdirector de Xestión e dende hai tempo falta tamén o enxeneiro en meantemento.”

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...