InicioTerra de LemossanidadeA CIG-Saúde denuncia a situación do PAC de Monforte e pide solucións...

A CIG-Saúde denuncia a situación do PAC de Monforte e pide solucións xa

CIG-Saúde leva denunciado en varios Comités de Atención Primaria en Lugo o que está acontecendo e as graves irregularidades que están pasando e aseguran que a Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte "fai caso omiso mentres presumen que todo vai de marabilla”

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No mes de marzo do 2020, a CIG-Saúde asegura que con motivo da pandemia a unidade de PAC de Monforte foi pechada e o Servizo foi levado para Urxencias do Hospital Público de Monforte. O persoal non sanitario foi levado para Admisión e os sanitarios para dous boxes de Urxencias. O motivo foi que se instaurou na instalación PAC o circuito específico para ver aos pacientes con posibles síntomas COVID-19. Daquela comunicóuselles aos traballadores que esta situación era transitoria debido á situación da pandemia e que os volverían a levar a súa unidade pechada cando a situación mellorase

En reunión mantida a finais xuño entre a Xunta de Persoal do Hospital e a Dirección  comunícaselles que o PAC sería traslado a outra parte do Hospital e que sería máis axeitada para o desenvolvemento da súa actividade asistencial. Pero a día de hoxe o PAC está pechado e “nel  faise o circuíto COVID e o persoal sanitario e non sanitario segue estando nas mesmas unidades mencionadas anteriormente,” sinalan desde a CIG-Saúde.

Cando un paciente acode ao Servizo de Urxencias éste é atendido polo persoal de Admisión que se divide en dúas unidades: Urxencias e PAC

Urxencias conforme o novo protocolo implantado atende:

  • Aos pacientes que acoden ao Hospital cun volante dun médico.
  • Pacientes que veñen con orde do 061 para entrar en Urxencias.
  • Casos sospeitosos por ser posible sintomatoloxía de COVID aos que se derivará ao Circuito instaurado.

Todos os demáis casos son atendidos polo PAC.

Coas modificacións que se fixeron no PAC a sala de espera de Urxencias e PAC recortouse e hai 7 asentos para os pacientes; cando o centro atende a unha poboación de máis de 40.000 habitantes aos que hai que engadir os desplazados que hai nas comarcas .

En todos os Hospitais de Galicia na entrada de Urxencias existe a Triaxe de Mánchester no que se fai a valoración na prioridade das urxencias. No Hospital Público de Monforte aseguran que non o hai “e quen tría de inicio no primeiro contacto co paciente é o persoal non sanitario que está en admisión. Na reunión mantida entre o antigo Xerente D. Iván Sanze a Xunta de Persoal do Hospital a principios de outubro do 2020  dixo que estaba pendente a súa implantación. Pero a día de hoxe non a hai dita triaxe, non existe.”

Así as cousas a CIG-Saúde sinala que “tal e como está distribuído o Circuíto COVID o paciente pode saír nunha padiola. O persoal para trasladalo a Urxencias para salvagardar a súa intimidade pon un biombo e manda afastar a xente que está na entrada de admisión para que non vexa quen sae. Admisión para comunicarse cos pacientes faino a través dun pequeno altofalante, confidencialidade 0. O Servizo está nun recinto minúsculo duns 3 metros de longo por 1,5 e nel están tres persoas. Seguridade para evitar contaxios nula. Non reúne as condicións  de habitabilidade e seguridade e saúde laboral.”

O PAC depende organizativamente de Atención Primaria de Lugo e moitas veces fáltalles material asistencial para realizar as súas funcións, xa que non teñen almacén propio. Engaden “A sala de estar na que están é moi pequena para manter as distanzas de seguridade e amañouse unha zona de cuartos que non ten saída de emerxencia.

Pero o peor disto, sinala a CIG-Saúde, é que os traballadores se queixan que a Dirección de Lugo non atende as súas queixas e non subsanan as graves deficiencias que hai neste Servizo. Aseguran que se poideran escoller pedirían volver ao PAC de antes pero como non é posible solicitan que se  traslade a un local en condicións para dar unha atención sanitaria de calidade aos pacientes, con garantías de seguridade para os doentes,  medidas de seguridade  antiincendios e anticovid e que os traballadores poidan traballar dun modo axeitado como Punto de Atención Continuada.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...