HomeTerra de LemossanidadeFormación para coidadores familiares en Quiroga

Formación para coidadores familiares en Quiroga

O Concello, en colaboración coa Asociación Afamon, organizan os días 15 e 22 de novembro unha actividade dirixida especialmente ás persoas coidadoras de familiares maiores con deterioro cognitivo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Afamon, Asociación de Familiares de enfermos de alzhéimer, e outras demencias e enfermidades neurodexenerativas, propúxolle semanas atrás ao Centro de Día de Quiroga a posibilidade de desenvolver unha formación. O obxectivo da mesma sería axudar aos familiares de persoas maiores con deterioro cognitivo a adquirir habilidades para levar mellor a sobrecarga física e mental que supón o seu desempeño como coidadores.

A proposta tivo unha boa acollida pola Concellería de Servizos Sociais de Quiroga, e tanto a directora do Centro de Día, María Arias, como o concelleiro Xosé Manuel Fernández, decidiron impulsar esta iniciativa e organizar unhas Xornadas Formativas abertas ao público en xeral mais especialmente dirixidas a coidadores familiares.

As devanditas xornadas, deseñadas e impartidas pola entidade monfortina Afamon, desenvolveranse na Casa da Cultura de Quiroga os días 15 e 22 de novembro en horario de mañá, concretamente entre as 11 e as 13:00 h. Para informarse e inscribirse nas mesmas cómpre anotarse no teléfono 982 410929 (Afamon), ou no do Centro de Día da Ribeira (Quiroga), 982 180944.

As dúas xornadas que se presentan na formación serán complementarias, con contidos diferentes a tratar en cada unha delas. Deste xeito, o 15 de novembro o relator será o traballador social Manuel Carballedo López, quen falará sobre ‘Recursos de apoio ao coidador de persoas con enfermidades neurodexenerativas’; e o 22 do mesmo mes será María Lillo Montes, neuropsicóloga, quen achegará coñecementos e habilidades sobre o ‘Manexo de conduta en persoas con enfermidades neurodexenerativas’.

Colaboran tamén no desenvolvemento desta actividade: FAGAL, Federación Alzhéimer Galicia, a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e CEAFA, Confederación Española de Asociaciones de Familiares de Enfermos de Alzhéimer.

ÚLTIMAS

Obradoiro de igualdade e prevención da violencia de xénero no CPI Poeta Uxío Novoneyra

A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, visitou este 11 de novembro o...

O Parador de Monforte mellorará a comezos do 2026 as súas instalacións cun investimento 3,5M€

Paradores de Turismo acometerá unha reforma integral no histórico establecemento de Monforte de Lemos...

Ata o 15 de novembro pode visitarse na Compañía de Monforte o roadshow do INCIBE

O camión estará aberto ata o sábado 15, en horario de 9.00 a 14.00...

Monforte licita as obras de mellora do parque da rúa Doutor López Suárez

Contémplase a pavimentación co mesmo formigón semipulido en cor terra, semellante ao que se...