HomeTerra de LemossanidadeChantada quere sanidade traslada á Valedora do Pobo "a situación abafante na...

Chantada quere sanidade traslada á Valedora do Pobo “a situación abafante na atención primaria”

A Plataforma sumouse ademais este martes á manifestación diante do Parlamento en Santiago que convocaba SOS Sanidade e á que tamén asistiron outras plataformas e grupos en defensa da sanidade pública de toda Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na concentración deste martes en Santiago de Compostela reclamábase unha maior dotación orzamentaria para garantir unha sanidade pública e que se revertan as problemáticas que se dan na atención primaria e na hospitalaria “froito dun desleixo consciente durante anos por parte da administración”.

Desde a plataforma Chantada quere sanidade aproveitaron a ocación para rexistrar unha queixa na oficina da Valedora do Pobo na que deixan constancia da situación no centro de saúde de Chantada e na atención de urxencias na comarca. “Esta situación repercute directamente no Hospital de Monforte e o máis importante, na saúde de todos nós”, lembran desde a plataforma.

“Esta situación límite e abafante que vive o Centro de Saúde de Chantada repercute nos pacientes. Ao non ser atendidos en tempo, os seus problemas de saúde aumentan ata que en moitos casos acoden ás urxencias do Hospital Comarcal de Monforte, saturando estas
con casos que podían ser atendidos en atención primaria e que non requirirían dun servizo de urxencias”, escríbenlle á Valedora.

Dende Chantada quere sanidade aseguran que seguirán presionando para reclamar unha sanidade digna, “a pasada semana remitimos unha carta ao xerente, agora rexistramos unha queixa á valedora do pobo e seguiremos desenvolvendo accións como a recollida de sinaturas e queixas, acompañando ás plataformas veciñas en defensa da sanidade”.

Así a próxima cita será na Praza de España de Monforte o día 21 ás 20:00h coa concentración que organiza Pladesapu e para o 13 de xaneiro, Chantada quere sanidade traballa nunha gran manifestación polas rúas da vila reclamando “orzamentos xustos para a sanidade e mellores servizos para todos/as”.

ÚLTIMAS

Convenio entre a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e a Asociación de Empresarios de Mos

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next vén de asinar un novo convenio para...

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de...