HomeTerra de LemossanidadeA CIG-Saúde denuncia a non convocatoria de vacantes no distrito de Monforte

A CIG-Saúde denuncia a non convocatoria de vacantes no distrito de Monforte

Aseguran que así non se estabiliza ao persoal e lembran que hai unha sentenza da U.E. que di que teñen que desaparecer este tipo de contatos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo o sindicato no Hospital de Monforte hai prazas que se levan cubrindo con acúmulo dende hai máis de 6 anos, “prazas que tiñan que cubrirse con vacante”. Aseguran que hai que estabilizar aos médicos, pero tamén a todo o persoal, “Non pode ser que se fagan contratos de acúmulo renovables mes a mes prorrogables ata nove meses”.

A CIG-Saúde asegura que o Sergas funciona deste modo para non ter que dar vacacións ao persoal “e tamén, no caso de que unha persoa se poña de baixa, perda o contrato”. Ao facer contratos de 9 meses como máximo o persoal cambia cada nove meses, co cal a atención non é a mesma que cunha persoa estable durante anos.

Píndelle ao SERGAS que as 22 prazas cubertas con “contratos precarios” se transformen en prazas orzamentadas e se cubran con contratos de interinidade, “para unha mellora da atención e tamén das condicións laborais”. A este respecto enuncian as seguintes prazas:

  • Técnico Superior en Laboratorio Clínico, 1 acúmulo, dende 2019
  • Técnico Superior en Farmacia, 3 acúmulos de tarefas, levan 6, 4 e 3 anos
  • Celador, Urxencias: 5 acúmulos de tarefas dende pandemia (2019)
  • Porta, 2 acúmulos de tarefas dende pandemia (2019)
  • Enfermaría

– Urxencias, 1 acúmulo de tarefas dende pandemia (2019)

– Traumatoloxía, 1 acúmulo de tarefas dende 2020

  • Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría

– Urxencias, 2 acúmulos de tarefas dende pandemia (2019)

  • Grupo auxiliar da función administrativa

– 1 no Rexistro electrónico: dende o 2020

– 1 en Atención o Paciente dende o 2020

– 1 en Farmacia dende 2019

  • Fisioterapeuta;1 acúmulo de tarefas de tarde
  • Atención Primaria:

– Pediatría itinerante zona sur de Monforte, leva máis de 5 anos cuberta con acúmulo.

– PAC de Monforte, leva máis dun ano en acúmulo.

– PAC de Chantada, Estivo cuberta con contrato de continuidade durante un ano, que cesou cos traslados e agora mesmo hai un acúmulo.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela viaxa a Murcia coa Agrupación Nacional de Centros Educativos

O programa, que organiza e financia o Ministerio de Educación, ten como obxectivo sensibilizar...

IGV solicita ao MITMA a reparación urxente e integral da N-540 e da N-120 e reclama modificar a licitación actual

Interior Galego Vivo asegura que a N-540 conta con varios tramos totalmente degradados e...

Moito público e gran participación no Desfile de Martes de Entroido monfortino

Con máis de 1.300 participantes no Desfile de Comparsas e Disfraces e as rúas...

O Oso de Salcedo volveu facer das súas este luns

Arias felicitou á veciñanza de Salcedo polo seu traballo para preservar "un dos Entroidos...