HomeTerra de LemossanidadePladesapu e Albores denuncian as carencias no servizo de psiquiatría do sur...

Pladesapu e Albores denuncian as carencias no servizo de psiquiatría do sur de Lugo

O martes 23 de abril publicouse no DOGA a concesión dunha nova profesional de Psiquiatría para a Unidade de Saúde Mental do Hospital de Monforte, pero rexeitouna polo que actualmente esta zona non ten atención en Psiquiatría.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As patoloxías mentais están a orde do día, e mentras a OMS avoga por darlle cada vez máis importancia o coidado da saúde mental, “a xerencia monfortina deixa sen psiquiatras ó Hospital de Monforte”, denuncia Pladesapu. “Isto tradúcese en listas de espera inasumibles, de pacientes crónicos sen revisión en máis dun ano, e sobre todo en reagudizacións que acaban con ingresos no Hula, fácilmente evitables cunha atención adecuada”, sinalan.

Con todo, Pladesapu refírese ás consecuencias destas faltas no servizo, saturación de urxencias, escaseza de ambulancias ou custo económico de mobilizar unha ambulancia con enfermería, ademáis de moitas veces con celador, se o estado do paciente así o require. A Plataforma espera que a xerencia tome cartas no asunto e se tome en serio a saúde mental dos cidadáns.

Pola súa banda desde Albores Saúde Mental lembran que Monforte contaba con 3 Psiquiatras para atender á poboación da zona. Unha delas traballaba na UAD (Unidade de Atención a Drogodependencias) e deixou o servizo hai 3 anos. As outras 2 Psiquiatras estaban na Unidade de Saúde Mental sita no Hospital Comarcal de Monforte. “En marzo de 2023 unha delas deixou o servizo e tampouco foi substituída polo que as persoas atendidas por ela non reciben atención psiquiátrica. Algo menos da metade da poboación do Sur de Lugo non recibe a atención psiquiátrica que precisa”, aseguran.

A falta de revisión das medicacións psiquiátricas afecta sobre todo ás persoas con trastornos mentais graves como esquizofrenias ou trastornos bipolares, que nalgúns casos tiñan seguimento cada 3 meses. O feito de non dispor de psiquiatra de referencia dificulta as labores preventivas actualmente a única alternativa é acudir aos servizos médicos de urxencia (HULA) que teñen como labor tratar unha descompensación manifesta non na prevención.

Albores Saúde Mental mantivo unha reunión coa Valedora do Pobo ao respecto desta situación, “Dona Dolores Fernández Galiño, amosouse moi interesada en coñecer a situación da atención da saúde mental da zona Sur de Lugo,particularmente agravada pola exclusión territorial e o envellecemento desta zona e non esquecendo que Lugo é a provincia española con maior índice de suicidios. Ademais de levar a situación ante o Parlamento de Galicia animou a que as persoas afectadas, de xeito individual, entren na súa web e expoñan o seu caso, para así facer máis presión ante as Administracións Públicas.”

Albores e Valedora / Albores

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...