HomeTerra de LemossanidadeSistemas de aire acondicionado no centro de saúde de Quiroga, reclama CSIF

Sistemas de aire acondicionado no centro de saúde de Quiroga, reclama CSIF

CSIF lembra que no val de Quiroga alcánzanse as temperaturas máis extremas do verán, polo que a falta de aire provoca estrés térmico en traballadores e pacientes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) reclama á dirección de Atención Primaria da área sanitaria de Lugo-Monforte que dote de aire acondicionado ao centro de saúde de Quiroga, pois carece deste equipamento, o que dificulta seriamente o desenvolvemento da actividade laboral dos profesionais e tamén prexudica aos pacientes que teñen que acudir a unha cita médica.

CSIF Sanidade Monforte remitiu un escrito ao órgano competente para que redacte un informe no que se recolla a situación de estrés térmico denunciada, que avale a urxencia de instalar o sistema de aire en todo o centro de saúde de Quiroga.

Desde a Central Sindical, lembran que “falamos dun centro situado nun dos vales da conca do Sil, onde se alcanzan as temperaturas máis extremas do verán, que mesmo superan moitos días os 40 graos, o que repercute directamente nunhas temperaturas inasumibles no interior das consultas”.

Para CSIF, non é de recibo que a estas alturas, coñecedores desta realidade, a dirección non adoptase medidas a iniciativa propia, de aí a reclamación urxente realizada polo sindicato, xa que ese estrés témico pode provocar importantes danos na saúde dos traballadores sanitarios. A demanda sostense tamén nos graves danos que se poden dar na saúde dos propios pacientes, “que acoden ao médico porque se atopan mal e atópanse cunha temperatura ambiente tan elevada que vai provocarlles aínda máis malestar ou mesmo empeoramento da súa doenza”

ÚLTIMAS

Sanidade mantén oito semanas de vixilancia na residencia de Monforte tras o gromo de sarna

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, explicou que a Dirección Xeral de Saúde...

4 Grandes Medallas de Ouro e 14 Ouros para a D.O. Ribeira Sacra no Mondial des Vins Extremes

O certame que se celebra no Val de Aosta, Italia, é un dos principais...

O BNG de Monforte recolle case 200 alegacións en dúas horas contra a ponte do Malecón

Desde a formación nacionalista repartíronse folletos con planos, medidas e datos técnicos extraídos do...

O 13 de setembro ás 12:00 “Monforte en Marcha contra o Cancro”

A V edición de “Monforte en Marcha Contra o Cancro” pretende fomentar a práctica...