HomeTerra de LemossanidadeCSIF urxe ao Sergas a aplicar correctamente a xornada de 35 horas...

CSIF urxe ao Sergas a aplicar correctamente a xornada de 35 horas a todo o persoal

CSIF Sanidade urxe ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS) a emitir de forma inmediata as instrucións necesarias para garantir o cómputo correcto da xornada a todo o persoal, en todas as áreas sanitarias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O sindicato advirte á Consellería que de persistir co incumprimento do acordo asinado na Mesa Sectorial en 2023 relativo á xornada de 35 horas, verase obrigado a recorrer á vía xudicial. CSIF lamenta que, “a pesar das reiteradas reclamacións, a Administración non deu resposta”, polo que lle fixeron un novo emprazamento, advertindo de que a situación está a xerar desigualdades entre profesionais e áreas sanitarias.

“Actualmente, só o persoal con quendas rotatorias complexas ve correctamente contabilizadas as súas horas, mentres que os traballadores con quendas fixas de mañá ou tarde superan a xornada anual pactada de 1.533 horas. Esta situación vulnera dereitos laborais e afecta directamente á conciliación familiar e persoal”, insisten.

O sindicato insta ao SERGAS para actuar con urxencia para garantir un cómputo uniforme e transparente en todas as áreas. “Estamos ante un incumprimento prolongado que prexudica tanto os dereitos como a conciliación dos profesionais. Esiximos solucións inmediatas para evitar agravios entre traballadores”, conclúen desde a Central Sindical.

ÚLTIMAS

Aprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une Lugo e Sarria

O Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no...

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da...

A sostibilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia

O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas...

Olga Novo, protagonista na celebración do ‘Día das escritoras’

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu o pasado 9 de outubro...