HomeTerra de LemosSoberUn home resulta ferido en Sober tras envorcar o tractor que conducía

Un home resulta ferido en Sober tras envorcar o tractor que conducía

Publicado o

- Advertisement -

Un home resultou ferido este xoves en Sober ao envorcar o tractor que conducía nunha zona de monte, nun accidente para o que foi mobilizado un helicóptero medicalizado do 061.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 17,00 horas, cando un particular contactou con Emerxencias para informar de que unha persoa tivera un accidente cun tractor e que o vehículo envorcara, atopándose inconsciente o seu condutor.

O 112 Galicia comunicou os feitos a Urxencias Sanitarias de Galicia, que mobilizou o helicóptero con base en Ourense; así como aos bombeiros de Monforte, Policía Local, Garda Civil e Protección Civil de Sober.

Finalmente, os equipos de emerxencia desprazados comunicaron ao CIAE que o condutor recuperara a consciencia. Ao tratarse dunha zona de difícil acceso, mobilizouse o helicóptero do 061, que tomou terra no lugar.

ÚLTIMAS

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...