HomeTerra de LemosSoberA Feira da Rosca e o Túnel do Viño de Amandi encheron...

A Feira da Rosca e o Túnel do Viño de Amandi encheron Sober de xente

O concello volveu vivir un 12 de agosto exitoso en canto a organización e presenza de visitantes que gozaron deste aprezado doce local e da programación festiva que se desenvolveu durante toda a xornada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober vén de celebrar a XXVIII Feira da Rosca e o VII Túnel do Viño de Amandi, unha cita que encheu de xente a capitalidade municipal e que marca cada ano un dos días grandes de visitas no calendario estival.

Os postos de artesanía e gastronomía abriron ás 10:00 horas para ofrecer os produtos típicos desta celebración, entre eles a rosca e o mel, e ás 11:00 horas houbo unha demostración de talla con motoserra a cargo de Eugenio Linares, quen elaborou un banco cunha rosca e unha vide.

Ambiente da Festa da Rosca de Sober 2025. Foto: Concello de Sober.

De 11:00 a 13:00 horas desenvolveuse o obradoiro de feltro para todos os públicos a cargo de Ovella Viva. Á mesma hora deu comezo un obradoiro de cestaría en vivo a cargo do CENTRAD da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Ás 12:00 horas actuou o grupo de música tradicional Os Valouros no marco do programa Tradigalu da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e ás 13:00 horas celebrouse a tradicional degustación da rosca de Sober, un dos momentos máis esperados da Festa da Rosca. Repartíronse nesta ocasión 2.000 racións de rosca con queixo. A devandita degustación é gratuita, faise por cortesía do Concello de Sober e conta coa colaboración de Queserías Prado.

O Alcalde de Sober, Luis Guitián (primeiro á dereita), con outras autoridades e voluntarios amosando as racións de Rosca de Sober con queixo. Foto: Concello de Sober.
TÚNEL DO VIÑO DE AMANDI

Paralelamente ás actividades programadas levouse a cabo o VII Túnel do Viño de Amandi, actividade que xa abriu as súas portas na tarde de onte.

No evento, organizado por Vinosacra, participaronn 25 adegas e 50 referencias de viños da subzona de Amandi e Sober que se puideron degustar nunha carpa instalada na Praza do Concello. Neste evento colaborou ademais a empresa cárnica lucense Torre de Núñez.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...