IniciosociedadeCIG-Saúde e CC.OO. amosan músculo

CIG-Saúde e CC.OO. amosan músculo

A CIG gañou as eleccións celebradas no Hospital de Monforte e CC.OO. entre o persoal laboral dos colexios de Primaria e Secundaria das comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga.

Publicado o

- Advertisement -

A Confederación Intersindical Galega vén de gañar as eleccións no Hospital Comarcal de Monforte acadando 5 delegados de persoal -dos 21 que estaban en xogo- tras obter 137 votos. Deste xeito convértese no sindicato con máis representatividade dos 8 que concorrían ás eleccións -CIG, USAE, SATSE, CESM, CC.OO., CSIF, O’MEGA e UGT-. O segundo foi o CSIF con 4 representantes a partir de 127 votos recibidos, e no terceiro lugar quedou CC. OO. con outros 4 representantes que lle chegan de 108 votos obtidos.

Nestas eleccións puideron votar 804 traballadores do Hospital Comarcal e de Centros de Saúde da Área Sanitaria.

Dende a CIG comentan que “agradecémoslle ao persoal a confianza depositada en nós, isto fará que traballemos aínda mais duro na defensa dos traballadores e do noso hospital”.

No que respecta ás eleccións para escoller representantes dos traballadores -persoal laboral- dos centros educativos de primaria e secundaria das comarcas de Lemos, Quiroga e Chantada, CC. OO. foi a primeira forza sindical cun 45% dos votos. Por detrás quedaron CSIF cun 31%, CIG co 21% e U.G.T. xa descolgada co 2%.

Dende a Secretaría de Acción Sindical de CC.OO. agradecen o apoio e prometen seguir defendéndoos e mellorando as condicións laborais. Así mesmo lembran que os resultados veñen dados por unha asesoría sindical de proximidade e o bo funcionamento dos servizos xurídicos.

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...