HomeCulturaMonforte mantén viva a tradición dos maios

Monforte mantén viva a tradición dos maios

Será o vindeiro 8 de maio e o concello anima a participar cunha achega de 75 € a quen se inscriba e presente a súa elaboración na Praza España a partir das 17:30 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de Os Maios o vindeiro 8 de maio na Praza España ás 17:30 h. Nese lugar concentraranse os creadores e creadoras coas súas obras florais e/ou vexetais a partir das 17:30 h. e despois de telas paseado pola cidade. Na Praza España tamén se procederá á lectura das tradicionais coplas.

O Alcalde, José Tomé Roca, sinala que “este ano haberá premios a cada un dos concursantes na celebración dos Maios, 75 € por participante. Queremos animar así á participación e que todos os que formen parte desta festa tradicional leven un merecido premio”.

As solicitudes para a inscrición no concurso non competitivo dos maios, así como das coplas, deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Monforte. O último día de presentación das mesmas será o 7 de maio antes das 14:00 h.

O Pote de facer a augardente, obra do Centro de Día / XdL
BASES PARA A PARTICIPACIÓN

Poderán participar no Concurso tódolos monfortinos que o desexen, e o tema tratará sobre calquera tipo de Maio. Os Maios sairán o 8 de maio a percorrer as rúas da cidade libremente e xuntaranse na Praza de España ás 17:30 horas, onde se interpretarán as coplas.

O xurado valorará a imaxinación, a idea, a estética, a orixinalidade e os materiais utilizados. O xurado do concurso estará composto pola Concelleira de Cultura ou persoa á que designe, e por persoas de diferentes ámbitos sociais, educativos e culturais de Monforte de Lemos.

Os premios serán por participación e terán todos unha contía de 75€. Os aboamentos dos premios serán tramitados polo Concello de Monforte de Lemos a través dunha transferencia bancaria. Previamente será necesario a presentación do certificado bancario cun número da conta do titular. Non poderá realizarse o pagamento do premio mentres o beneficiario non se atope ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias ou coa seguridade social ou sexa debedor por resolución de procedencia de reintegro.

As bases ao detalle están na páxina web do Concello de Monforte.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...