InicioMedio ambiente e PatrimonioFágase o viño en min

Fágase o viño en min

"Fágase o viño en min" é unha frase do cantautor monfortino Antón Valcarce, que parece moi acaida para afondar no mundo do viño e o que este sector significa para a Ribeira Sacra.

Publicado o

- Advertisement -

O sector do viño en España consolídase como un dos principais embaixadores e o seu papel vai máis alá, como sector dinámico que conserva a paisaxe e dinamiza os territorios. O viño non se pode entender sen a súa orixe, todo o que hai detrás dunha copa de viño adquire cada vez máis importancia para o consumidor.

Este era o ambiente que se vivía durante a celebración da XXIV Asemblea da Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas na Ribeira Sacra. Unanimidade de criterios e obxectivos comúns. Haberá diferenzas nalgúns aspectos, pero o sector trasladou unha imaxe de unión absoluta, de convencemento no traballo que desenvolven e de entender que, que lle vaia ben a un é unha vantaxe para todos.

As Asembleas da CECRV lévanse periodicamente a diferentes D.O. para que todos poidan ir coñecendo “in situ” os diferentes territorios e as súas peculiaridades. Achéganse a outras experiencias e outras realidades e TODOS se enriquecen disto. Na Ribeira Sacra TODOS loubaron as virtudes desta terra e dos seus viños. Agora actuarán como embaixadores deste territorio.

Asemblea CECRV / XdL

O Director Xeral de Rioja, José Luis Lapuente, valoraba así a relación do sector, “O mundo do viño somos de rexións moi próximas á terra, de rexións que viven moi de preto a vida rural. A vide fixa territorio e xustifica que a xente viva no campo e poida axudar a limitar a España baleirada. O viño é clave como xerador de riqueza.”

Pola súa banda o Presidente da CECRV, David Palacios, destacaba que España non sería o mesmo sen o seu viñedo, “que contribúe a manter vivo o rural e fixar poboación. O viño ademais ten unha clara vontade exportadora e leva a imaxe do país por todo o mundo. O viño dá traballo a viticultores, adegueiros, enólogos, comerciais,… Detrás dunha copa de viño hai moita ilusión, moito traballo, moito esforzo, que moitas veces está infravalorado.”

“Detrás do viño hai unha historia, unha familia, unha anécdota, moito esforzo…, e quen se achega ao produto queda embelesado. Cando lle contas o que hai detrás comezamos a destapar as esencias dun produto que é moito máis que viño. Quen se achega ao viño busca unha experiencia”, apunta o Director Xeral de Rioja.

Belesar / XdL

Desde a D.O. Málaga, o seu Secretario Xeral, José Manuel Moreno Ferreiro, asegura que a orixe dun viño é determinante, que quen elabora o viño se sente identificado a unha terra e iso xera atracción no consumidor, “O consumidor español está comprometido coa orixe do produto e recoñece de onde son os viños, e así os quere porque cada vez enténdese máis que o viño é: unha paisaxe para conservar, as persoas que a constrúen e manteñen; falamos dun alimento de calidade e da sustentabilidade do territorio.”

O viño como unha forma de traballar a natureza. Non é un negocio industrial, é un negocio especial e complicado, que ten os seus tempos, a súa maduración, depende da climatoloxía e factores que, ás veces, quedan fóra de control. Iso achégatee á terra e transmítese ao viño. O Presidente da D.O. Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, sinala que “no mundo do viño cada vez hai unha maior conciencia desa vinculación co territorio que hai que manter. Somos ese produto ligado á terra, que fai que en cada zona de España onde hai viño se conserve a paisaxe, se coma ben e se viva ben.”

Ribeira de Chantada / XdL

Desde a D.O. canaria Tacoronte- Acentejo, a súa Secretaria, María de la Paz Gil Díaz, explica que no seu territorio, que ten zonas de ribeira en socalcos, con similitudes con Ribeira Sacra, valórase o territorio de praia. Agora estanse centrando en dar a coñecer o seu territorio de viño, “Nós temos moito turismo, sen eno-, e gustaríanos poder vivilo como na Ribeira Sacra porque o enoturista é un cliente que valora moito o esforzo, o territorio. Vendemos máis que unha botella de viño,… Vendemos paisaxe, esforzo, o traballo do viticultor e adegas. Aquí véndese gastronomía, paisaxe, viño,… en Canarias praia, sol, gozar”.

España conta cunha tradición milenaria de cultura do viño, que hoxe vive un dos seus mellores momentos, á expectativa cos mercados internacionais, especialmente con Reino Unido e EEUU, pero convencidos de que cun bo produto, unidade e en comuñón co territorio, calquera tormenta se supera. A seguir fortalecendo o sector do viño de calidade de España contribuirá a posible declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade. Sería o primeiro territorio con D.O. de España recoñecido Patrimonio Mundial da UNESCO, mentres Rioja, Priorato e Jerez tamén traballan porque se recoñezan as súas paisaxes culturais do viño. Polo momento a península ofrécenos un Patrimonio da Humanidade vinculado ao viño no Douro.

CECRV en Amandi / XdL

ÚLTIMAS

Conta atrás para a ‘Primavera de Portas Abertas’ na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Na Ruta do Viño da Ribeira Sacra as actividades desenvolveranse entre o 24 e o 26...

600 participantes no Pretorian Race Sarria Xtreme, que se celebra este 4 de maio

A Pretorian Race é unha carreira de 8 quilómetros con 40 obstáculos que ofrece diferentes categorías:...

A Festa dos Avós de Láncara reuniu a 500 persoas

José Tomé felicitou ao rexedor e ao seu equipo de goberno por potenciar este...

Do 9 ao 17 de maio, actividades do Concello de Monforte con motivo do Día das Letras Galegas

O 9 de maio, ás 6 da tarde, a Casa da Cultura acollerá a...