HomeDeportes600 participantes no Pretorian Race Sarria Xtreme, que se celebra este 4...

600 participantes no Pretorian Race Sarria Xtreme, que se celebra este 4 de maio

A Xunta de Galicia apoia un ano máis a carreira de obstáculos Pretorian Race Sarria Xtreme, que celebra este sábado - 4 de maio - a cuarta edición cuns 600 participantes chegados de diferentes puntos de España e Portugal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Pretorian Race é unha carreira de 8 quilómetros con 40 obstáculos que ofrece diferentes categorías: elite (para corredores de alto nivel que participan en ligas nacionais, europeas e mundiais); dúas modalidades populares; started e por equipos. As carreiras disputaranse en quendas cun máximo de 100 persoas cada unha.

Os corredores sairán do campo de rugby de Sarria e atoparán a meta no mesmo punto despois de atravesar camiños, fincas, un cortado vertical e cruzar un río. Este ano como novidade haberá un Combo Final de 14 metros e a proba terá máis visibilidade na localidade xa que parte do percorrido transcorrerá polo paseo do Malecón. A xornada rematará coa entrega de trofeos e coa actuación do grupo de música Louband.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, asistiu este mércores en Sarria á presentación do programa xunto con Thor López e Alberto Piñeiro, membros da asociación organizadora, Pretorianos Club; e representantes doutras entidades implicadas.

Arias felicitou ao Club Pretorianos por organizar “un evento único na provincia” no que participan corredores que buscan puntuar para os campionatos galego ou nacional de carreiras de obstáculos, pero tamén persoas sen afán competitivo que queren desfrutar da experiencia. Subliñou “a proxección que supón esta iniciativa para Sarria e a súa contorna” e a repercusión económica que terá na zona a chegada de centos de persoas atraídas por esta actividade

ÚLTIMAS

O Courel protesta pola ausencia de médicos

As protestas repetiranse o vindeiro mércores e ata que se solucione a situación, segundo...

Escultura en madeira con motoserra no IES A Pinguela

Eugenio Linares, asturiano e veciño de Tuiriz, no Concello de Pantón, realizou hai uns...

Diversidade e conciliación camiñando polos miradoiros de Sober

Redes Lilas agrupou a unhas 40 mulleres nunha andaina a través dos miradoiros do...

Esperta Monforte leva a pleno ampliar e mellorar a Biblioteca adquirindo o edificio da galería Sargadelos

Esperta Monforte considera que as instalacións da casa da cultura, e en particular da...