HomeEconomíaArrinca unha nova edición de LUGOWORK para menores de 30 anos

Arrinca unha nova edición de LUGOWORK para menores de 30 anos

A Escola de Organización Industrial é a primeira escola de negocios fundada en España que ten como obxectivo formar alumnos a través da dixitalización, o emprendemento e a sustentabilidde para contribuir á mellora económica dos particulares

Publicado o

- Advertisement -

75 lucenses menores de 30 anos e que estén no paro, poderán optar ás 5 novas accións formativas que ofrece a Deputación de Lugo a través do LUGOWORK. Os interesados en participar deberán estar incritos no Rexistro de Garantía Xuvenil e poden facer a súa solicitude ata o 30 de xuño páxina web de Deputación de Lugo ou na da Escola de Organización Industrial.

Este plan de emprego xuvenil está dividido en dúas fases. Tras unha primeira fase de formación, os participantes teñen a posibilidade de ser contratados en empresa da provincia co obxectivo de cubrir as necesidades que demanda o tecido empresarial da provincia.

Os 5 cursos que se impartirán no LUGOWORK son:

  • Curso de auxiliar de ventas online e offline e atención ao público. Neste curso hai 15 prazas dispoñibles e os alumnos terán 250 horas de formación.
  • Aplicacións e Manexo de Sistemas Aéreos non Tripulados-Drons. Hai dispoñibles 15 prazas para un total de 250 horas teóricas.
  • Curso de Emprendemento. Esta formación está dirixida para 15 persoas que teñan unha idea de negocio e queiran levala a cabo.
  • Desenvolvemento de aplicacións Android. Este curso consta de 200 horas lectivas para un total de 15 alumnos.
  • Técnico de automoción e de maquinaria agrícola. 250 horas de formación para 15 adultos que queiran aprender as operacións básicas de mantemento no motor e sistemas auxiliares de automóbiles e maquinaria agrícola.

ÚLTIMAS

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de...

Sarria celebra desde este 14 de xullo ata o día 20 a IV edición do Ultreia e Suseia

Sarria acolle desde este luns e ata o 20 de xullo unha nova edición...