HomePolíticaA morte violenta da cadela Alma chega ao Congreso

A morte violenta da cadela Alma chega ao Congreso

Galicia en Común preguntará ao Goberno polas "medidas" que adoptará ante este caso de malos tratos.

Publicado o

- Advertisement -

A asociación animalista Libera informou de que os deputados de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz, rexistraron unha batería de preguntas no Congreso dos Deputados, dirixida ao Goberno en funcións, en relación co caso de malos tratos animais de Chantada, onde unha cadela foi tiroteada, mallada e atrastrada polo pescozo, para acabar morrendo días despois no hospital Rof Codina.

Libera precisou que ambos os deputados preguntan ao Goberno se tivo coñecemento deste caso, se realizou algún tipo de xestión para denuncialo e se ten pensado adoptar algún tipo de medida “máis aló das reactivas”, como a elaboración dunha Lei Marco de Protección Animal.

A organización animalista reclama “accións contundentes contra o responsable”, pero tamén “as modificacións lexislativas necesarias para previr” sucesos deste tipo.

Tamén se sumaron á iniciativa dos deputados de Galicia en Común, os parlamentarios Juantxo López de Uralde, quen fora director da organización ecoloxista Greenpeace, e Txema Guijarro, secretario xeral do grupo parlamentario de Unidas Podemos e membro da Asociación Parlamentaria pola Defensa dos Animais.

ÚLTIMAS

“Abrazando o bo trato” no Pazo de Tor

Baixo o lema “Abrazando o bo trato” realizouse visita guiada polo museo reparando nas pezas...

O PP lucense esixe garantir a seguridade no tramo de vía Monforte-Ourense

Os deputados do PP lucense amosan "a súa preocupación ante os problemas detectados durante...

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...