HomeEconomía20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Do acto de clausura participaron, entre outros, o delegado territorial da Xunta, Javier Arias e o alcalde de Monforte, José Tomé.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da Escola Taller A Pinguela, coa substitución de cubertas, o acondicionamento de novos espazos de traballo, a substitución de portas e fiestras, escaleiras, a elaboración de novos pavimentos,… así como a restauración e aproveitamento de pequeno mobiliario urbano para darlle un novo uso.

O alcalde recordou que “unha vez rematado ambos obradoiros, dende o Concello de Monforte temos o compromiso de inserción de alumnos en empresas que precisen contratar a traballadores durante un mínimo de tres meses, concedendo ás empresas un incentivo á contratación de 1.500 € por alumno e empresa, para favorecer a inserción laboral.”

Pola súa banda, Arias lembrou que nas vindeiras semanas tomará o relevo un novo proxecto, que proporcionará oportunidades laborais a outras 20 persoas desempregadas e continuará coa reforma da sede que acolle os obradoiros de emprego do municipio. Manterá as especialidades de Traballos de carpintaría e moble e Fábricas de albanelaría.

As dúas iniciativas suman, segundo explicou Arias un investimento de 952.000 euros da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Nesta cantidade inclúense incentivos á contratación, para que seis alumnos poidan incorporarse durante un mínimo de tres meses a unha empresa local deses sectores unha vez finalizado o período formativo.

Mentres o alcalde destaca que a aportación do concello para o obradoiro de emprego pasou de 5.000€ no 2023 a 81.530€ neste ano.

Os obradoiros de emprego pretenden mellorar as perspectivas profesionais de persoas desempregadas mediante un contrato de traballo que lles facilita a súa primeira experiencia laboral en sectores con elevada demanda laboral. Son promovidos polos concellos e financiados pola Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

“Falamos de cousas que poden volver pasar”, Rocío, de Rebuldeira Teatro sobre a obra ‘Vermello, unha historia da Guerra Civil’

A compañía Rebuldeira Teatro, de Sarria, chega a Monforte por primeira vez na súa...

Interesante obradoiro sobre fiscalidade para emprendedores rurais

O vindeiro martes 1 de decembro a Fundación Acción Contra a Fame organiza un...

O filme documental “O Son da Serra” comeza este 14 de novembro en Taboada as proxeccións pola provincia

“O día 14 de xullo de 2022 comezaba a arder a serra do Courel...

A loita contra a desinformación chega a Chantada este 14 de novembro

Este xoves, 12 de novembro, a alfabetización mediática do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia...