HomeComarca de ChantadaChantada"Madrileñofobia" en Chantada? A agresión a un veciño desata a polémica

“Madrileñofobia” en Chantada? A agresión a un veciño desata a polémica

Un chantadino levou sete puntos na fronte por chamar "Ayusitos" a dous homes nunha terraza. Agora, as RRSS debaten cal ágora ateniense sobre o sentido das palabras e a xustificación ou non do lapote.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por cada suceso serio que acontece na historia hai centos de reflexos banais proxectados sobre espellos cóncavos ou convexos, moi á imaxe do madrileño Callejón del gato que un día lle deu a Valle-Inclán a idea do esperpento. Así é que, mentres a miles de quilómetros os tanques rusos tomaban unha central nuclear con artillería pesada, nas redes sociais sucedíanse outras moitas guerras, non con metralla e minas antipersoas, senón con chíos desenvoltos entre sorbo e sorbo do café con leite.

Na noite do martes, La Voz de Galicia publicou o relato dun veciño de Chantada que denunciaba a agresión por parte de dous cidadáns madrileños. Segundo apunta o home, as feridas tiveron lugar nunha liorta acontecida despois de que o home lles preguntara de onde eran e, ao responderlles co nome da capital, os chamara ‘Ayusitos’. O chantadino –ou chantadés– explica non lembrar se os chamou tamén “paletos”.

Segundo explicaría ao xornal dos Latorre, faloulles da presidenta da Comunidade de Madrid pero sen intención de provocar. “Foi o que se me ocorreu no momento, tamén me podía dar por falar de Putin”, explicou. Á marxe destas precisións sobre política internacional e estatal, o caso é que o suceso vén de xerar a xa amentada guerra nas redes, con comentarios cruzados que se cadra chegarían tamén ás mans de non haber unha pantalla retroiluminada de por medio. 

Unha parte dos comentarios veñen a dicir iso de que para abrir moito a boca cómpre tamén ter unha man dura coa que defender o pronunciado.

Pues callate…no busques lio, no provoques 🤦‍♂️😡🤮— Auroraboreal (@Aurorab52290351) March 2, 2022

El que tiene la boca grande debe de tener las espaldas fuertes. Nadie tiene que aguantarle faltas de respeto a nadie.— Clara Somontes (@CSomontes) March 3, 2022

Pero tamén hai enfrontamentos de acusada “madrileñofobia”, rexeitada por algúns e asumida por outros como un estandarte.

Y ¿dónde eso es algo malo?— Marcos R P 🇪🇺 🇺🇦 (@marcosrodp) March 4, 2022

Algúns van máis alá e mesmo chaman ao particular batallón paramilitar galego –os Riazor Blues— a que interveñan coas súas tropas en Madrid.

Moi seguros están en Madrid de que os galegos somos tan frouxos, que poden vir a darnos ostias na nosa mesmísima casa, poñendo a nosa retranca como escusa, e sabendo que ninguén llas ha devolver nin facelos salir por patas. Para facérnolo mirar.
Adiante @rb1987oficial!— Marcos R P 🇪🇺 🇺🇦 (@marcosrodp) March 4, 2022

Como punto e final deste particular enfrontamento, tamén hai quen apunta a unha enemistade xestada pola incidencia do turismo e a particular distensión capitalicia no tocante ás medidas sanitarias.  

..lógico…se llama tirria…y lo promulgó la sñrta Ayuso..cuando gritó libertad en plena pandemia..y los madrileños de viaje a Galicia….y nuestros padres.., viviendo en el campo..sin salir de casa…y se oasean por aquí..como si fuese su feudo…— Mik (@Mik08070554) March 2, 2022

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

San Clodio en festas

Este xoves 30 de outubro xa houbo actividade festeira en San Clodio, empezando ás...

Monforte destina 30.000€ a axudas ao emprendemento

A estas axudas poderán acollerse os autónomos e as pequenas e medianas empresas (PEME)...

Pontón urxe en Sarria a que a Xunta remate o desdobre de Nadela, “que Feijóo comprometera para o 2020”

Pontón visitou este mércores en Sarrria, as instalacións de Galimplant, empresa referente no ámbito...

D.O. Ribeira Sacra, presente na feira Mediterránea Gastrónoma de Valencia

Gastrónoma é un dos principais puntos de encontro do sector da gastronomía e da...