Homesociedade104.000€ para a estrada provincial en Pantón que vai de Següín aos...

104.000€ para a estrada provincial en Pantón que vai de Següín aos Peares por Pombeiro

A Deputación de Lugo adxudicou este venres as obras de mellora da totalidade da LU-P-4104, a vía que vai de Seguín, por Pombeiro, aos Peares, no Concello de Pantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto do que se encargará a empresa OPAGA 003 SL, inclúe a rehabilitación dos máis de 15 quilómetros da vía. As actuacións previstas son: a reapertura de cunetas; o saneo da explanada; a reparación de danos  e a repavimentación.

“Esta é unha estrada moi importante para os veciños e veciñas da zona porque conecta varias capelas, como a da Virxe das Neves ou a de San Antonio e, ademais, tamén dá acceso a importantes puntos turísticos da zona como o Miradoiro dos Peares; unha adega ou unha casa de turismo rural”, valorou a voceira socialista, Pilar García Porto.

No concello de Pantón, a Deputación segue traballando no arranxo da LU-P-4103, a vía que foi danada polas intensas chuvias. Na reunión do pasado venres iniciáronse os trámites para comezar os traballos de rehabilitación e durante estes días os técnicos traballan en cuestións que afectan á vertedura de residuos. Prevese que as obras comecen antes de Semana Santa.

ÚLTIMAS

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...

Queres que a túa idea se faga realidade? Recta final para participar no Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra segue buscando iniciativas de emprendemento e...

O Courel pedalea por Palestina

A cita do 17 de maio está promovida por We Rise como parte da...

Premio ao mellor deseño para o IES Daviña Rey na ‘Liga Make Drone 2025-26’

O IES Daviña Rey vén de participar na "Liga Maker Drone", un encontro competitivo...