HomesociedadeEn marcha o viñobus vendima na D.O. Ribeira Sacra

En marcha o viñobus vendima na D.O. Ribeira Sacra

A actividade do viñobus ten unha duración de 6 horas e está pensada para grupos de entre 6 e 16 persoas. As saídas están programadas para a última semana deste mes e a primeira de outubro.

Publicado o

- Advertisement -

O viñobus vendima é unha viaxe interactiva para aprender todo o relacionado coa recollida da uva e a súa transfromación en viño. A xornada comeza cun paseo polos viñedos para coñecer as partes da cepa, as variedades de uva ou a importancia do chan. Despois da recollida de uva os participantes trasládanse á adega onde se realizarán cata de uvas, mostos e viños, para posteriormente elaborar viño de modo artesanal, pisando as uvas como antigamente.

Deste xeito, o mosto quedará nas cubas para a súa fermentación e os enólogos ocuparanse del ata que estea listo para embotellar e envialo á casa. A viaxe inclúe xantar na adega, a viaxe en bus e as explicacións de guías especializados. As dúas fins de semana previstas poderanse ampliar a 3 se a campaña de vendima se prolonga.

Para participar é necesario reservar a través do correo electrónico turismo@ribeirasacra.org ou no teléfono 638 823 592. Toda a  información da actividade pode consultarse no portal do Consorcio de Turismo, promotor da actividade: turismo.ribeirasacra.org.

 

 

ÚLTIMAS

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...