HomeSucesosRescatan un pescador en apuros no encoro de Belesar

Rescatan un pescador en apuros no encoro de Belesar

O home foi pescar e cando quixo saír viuse incapaz de facelo debido ás fortes correntes e a crecida do caudal do río.

Publicado o

- Advertisement -

Os servizos de emerxencias rescataron un pescador que se atopaba en apertos nunha zona próxima ao río Miño, no encoro de Belesar, en Chantada.

O home foi pescar e cando quixo saír viuse incapaz de facelo debido ás fortes correntes e a crecida do caudal do río, polo que sobre as 21,00 horas da pasada xornada alertou a un amigo seu, que foi quen pasou o aviso ao 112 Galicia.

En concreto, cando os equipos de intervención acudiron a lugar o home estaba fóra da auga, debaixo da Ponte Nova, nunha zona de difícil acceso. Para sacalo de alí tiveron que usar cordas e arneses que facilitasen a súa saída dunha “rexión vertical do encoro”.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, púxose en marcha un operativo que contou coa intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Chantada e dos axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Unha vez que conseguiron rescatalo, os membros do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento confirmaron ao 112 que, aínda que o pescador estaba algo desorientado pola situación, non necesitaba asistencia médica.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da falta de persoal na presa Vilasouto e no regadío Val de Lemos

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) instou ao Ministerio para a Transición...

Visita a Italia do alumnado de 4º de ESO do IES A Pinguela

O IES A Pinguela vén de dar remate á estancia en Italia co gallo...

O Concello de Taboada adquire os terreos para o Paseo da Medela e prevé rematar a obra en outubro

A Tenencia de Alcaldía do Concello de Taboada adquiriu a superficie necesaria para executar...

A Carreira Popular de Monforte bate o seu récord de inscricións

A 26 edición da Carreira Popular de Monforte, que se celebrará este domingo 26...