HomeDeportes“Non me gusta o fútbol moderno e non me gusta o VAR!”,...

“Non me gusta o fútbol moderno e non me gusta o VAR!”, ‘Chura’, exadestrador do C.D. Brollón

Despois de catorce anos, trece tempadas restando un ano de Covid, este adestrador orixinario do Saviñao deixa o fútbol para descansar, dedicarse á súa familia e “gozar do fútbol dende fóra”.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Juan Carlos Gallardo Martínez, coñecido popularmente como ‘Chura’, rematou a tempada como adestrador do C.D. Brollón en Primeira Futsal, categoría á que ascendeu o equipo na 2024-2025. En total estivo trece tempadas tirando do equipo, co que tamén acadou o fito de disputar unha final da Copa Federación no Anxo Carro de Lugo.

De todos estes anos no Brollón di deixar amigos para toda a vida, “sentirse xa un Guímaro máis” e agradece todos estes anos de traballo aos xogadores, á directiva e ao propio Concello. E como non, un especial recoñecemento á afección, “o maior tesouro da Pobra”, sentencia.

Comentamos máis cousas con Juan Carlos.

De onde es orixinario e de onde che vén o de ‘Chura’?

Son de Marrube, no Saviñao. E o de ‘Chura’ quedoume desde pequeno por unha palabra que repetía moito e que soaba como unha alemá cando viñen de Suíza.

Cando empezaches a xogar ao fútbol e en que equipos?

Comecei no colexio dos Escolapios e despois no Calasancio, pero era un defensa central moi normaliño.

O de adestrar… como xurdiu esa primeira oportunidade? Que máis equipos adestraches todos estes anos?

Os comezos foron no Calasancio axudando a Santolhao no xuvenil B e, posteriormente, a Míchel no xuvenil. Seguidamente, hai 28 anos, comecei en solitario adestrando no fútbol base no Calasancio e no Ponte Ourense, hoxe CF Ourense.

“Os comezos foron no Calasancio axudando a Santolhao no xuvenil B”

En senior ao Lemos, de segundo adestrador en terceira división, e xa de primeiro adestrador ao Sober, Quiroga, Calasancio rexional e C.D. Brollón.

Catorce anos no C.D. Brollón… trece tempadas efectivas por mor da pandemia. Que fixo posible que estiveras tanto tempo?

Pois a confianza dos xogadores, os verdadeiros protagonistas, a directiva e esa marabillosa afección. Así como o traballo tenaz con ilusión escapando dos ruídos exteriores que só buscan opinar sen saber as interioridades e sen dar o paso para axudar.

Con que te quedas, de xeito moi resumido, de todos estes anos adestrando un club tan modesto?

Con ter formado un grupo coa máxima xente posible do concello e ter devolto ao club, á afección e ao concello, a ilusión por un equipo de aldea que serve para dar vida o domingo de fútbol ao pobo.

Polo que se ve dende fóra, marchas sendo unha persoa moi querida por todos: directiva, xogadores, afección… Deixas case máis familia que amigos?

Marcho orgulloso coa conciencia tranquila do traballo realizado. Con amigos para toda a vida e sentíndome un ‘Guímaro’ máis.

Agradecemento da afección no Campo dos Medos na Pobra do Brollón. Foto cedida por Chura.

Que fai posible que concellos pequenos como A Pobra do Brollón manteñan equipos de fútbol?

Neste caso, o traballo de todos estes anos de Javi e Moncho, o apoio do Concello da Pobra do Brollón e a aposta dos xogadores do concello para xogar nel e non noutros equipos. E sobre todo, na Pobra o seu maior tesouro é a afección.

“Marcho Con amigos para toda a vida e sentíndome un ‘Guímaro’ máis”

Ao marxe do salario e a transcendencia mediática, que cres que diferencia no técnico a un adestrador da élite dun destas categorías polas que te moviches estes anos?

Os  medios e as instalacións.

Cal sería o teu top 5 de adestradores en activo a nivel mundial?

Del Bosque, Guardiola, Marcelino, Emery e Kloop.

Que opinas do VAR e o aumento de persoal arbitral nos partidos de fútbol profesional? Está axudando ou está matando o fútbol?

Non me gusta o fútbol moderno e non me gusta o VAR!.

Rematada a túa etapa no C.D. Brollón, que plans tes para a seguinte tempada?

Centrarme en min e na familia, gozar do fútbol dende fóra.

Juan Carlos Gallardo, ‘Chura’. Foto cedida por el.

ÚLTIMAS

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...

Monforte celebra o San Antonio

O día grande das festas e xornada de gran tradición no barrio de San...

3º premio do II Concurso Literario ‘As Feiras Tradicionais Galegas’ para unha rapaza do Courel

O CPI Poeta Uxío Novoneyra, de Folgoso do Courel, vén de ser noticia novamente...