HomePolíticaAprobada a segunda concesión de axudas do programa Leader

Aprobada a segunda concesión de axudas do programa Leader

Publicado o

- Advertisement -

O Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra Courel  (GDR Ribeira Sacra Courel) está integrado polos concellos de Bóveda, Folgoso do Courel, O Incio, Monforte de Lemos, As Nogais, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, Samos, O Saviñao, Sober e Triacastela.

Na reunión mantida con motivo de resolver a segunda concesión de axudas do programa Leader -programa que fomenta o protagonismo propio do rural para o seu desenrolo e polo tanto, descentralización das políticas de desenvolvemento rural-, acordouse que se financiaciarán os seguintes proxectos:

  • Centro de interpretación das Covas do Courel en Folgoso do Courel por un importe de 22.500 euros.
  • Ruta do Mamut e dos Castros no Incio por un importe de 15.000 euros.
  • Miradoiro sobre o Val do Río Navia ao paso polo Castelos de Doncos nas Nogais por un importe de 23.740 euros.
  • Creación de 2 puntos de recollida de plásticos agrícolas nas Nogais por un importe de 17.641 euros
  • Primeira fase da ampliación do Museo Xeolóxico de Quiroga por un importe de 15.000 euros
  • Acondicionamento e sinalización de 2 miradoiros en Pantón por un importe de 15.000 euros.
  • Posta en valor da ampliación do miradoiro do Duque de Monforte de Lemos por un importe de 13.735 euros.
  • Mellora enerxética en locais sociais de Bóveda por importe de 8.044 euros.
  • Rehabilitación do edificio de usos múltiples de Sober por un importe de 21.537 euros.
  • Memoria da construcción de áreas biosaudables en Moreda, Doade e Lobioda en Sober por un importe de 7.373 euros.
  • Instalación de medios audiovisuais nos locais sociais de Bóveda por un importe de 6.005 euros.

Outro proxectos que tamén se aprobaron na reunión mantida en Triacastela son,

  • Courel Son 2018 promovido pola Asociación Desarrollo Rural Serra do Courel cun importe de 2.103 euros.
  • Anuario:Via Jacobiana Camiño de Inverno promovido pola Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra cun importe de 2.934 euros.
  • Acondicionamento do local social e exteriores de Vilademouros promovido pola Asociación de Veciños cun importe de 8.572 euros.

Con estas axudas, dende o GDR Ribeira Sacra Courel pretender animar aos potencias promotores de novos proxectos para a convocatoria de axudas para o ano 2019.

 

ÚLTIMAS

Peruchela Edicións, cumprindo soños literarios dende o 2020

Peruchela Edicións naceu en outubro de 2020 por iniciativa de Pilar Sánchez que, querendo publicar...

Desde o 20 de xaneiro pódense solicitar as actuacións do Tradigalu

A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que ten como principal obxectivo...

A oposición de Monforte volve levar a pleno as deficiencias do abastecemento

Esperta Monforte leva ao próximo pleno unha moción pola votación da moción que presentou...

Formación Dixital en Pantón o 19 e 20 de xaneiro

Os cursos levaranse a cabo no centro sociocultural en horario de 16:00 a 19:00....