HomesociedadeFormación Dixital en Pantón o 19 e 20 de xaneiro

Formación Dixital en Pantón o 19 e 20 de xaneiro

O concello de Pantón acolle formacións dixitais para non quedarse atrás coa tecnoloxía no entorno rural. A primeira cita será co curso básico que terá lugar os días 19 e 20.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os cursos levaranse a cabo no centro sociocultural en horario de 16:00 a 19:00. A seguinte actividade co curso avanzado será os días 26 e 27 de xaneiro. Para máis información pódese contactar co teléfono: 982 45 63 77.

Na primeira formación verase o uso básico do smartphone, a seguridade no móbil, aplicacións do día a día, bulos e noticias falsas, redes sociais e creación de contidos audiovisuais.

No curso avanzado abordarase o uso responsable da tecnoloxía, a seguridade e internet e redes sociais, cidadanía e identidade dixital, a intelixencia artificial, e a infancia e a tecnoloxía.

ÚLTIMAS

Veciñanza Fronte o Odio promove un encontro este xoves, 15 de outubro, no centro cívico de Monforte

O colectivo Veciñanza Fronte o Odio organiza este xoves, 15 de outubro, unha palestra...

Do 14 ao 30 de outubro está aberta a convocatoria de axudas para o transporte do alumnado de Monforte que estuda fóra

Poderá optar a estas axudas: Alumnado de ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación...

Este venres, 16 de outubro, comeza unha nova tempada do “cineclube Ateneo” de Monforte

Este proxecto de cineclub, organizado polo equipo do Ateneo Casino, baixo a coodinación do...

Diego Vallina sobre o  pan de Siós: “cando chego ao Gadis case mo quitan das mans”

Cada día quedan menos panaderías como as de antes, que cozan en fornos de...