Carmen Álvarez, portavoz do PSOE do Courel, “a alcaldesa nin vive no Courel nin fai nada polos veciños”

O Courel / serradocourel.es

Carmen Álvarez manifesta que “dende a súa formación teñen claro que a alcaldesa do Courel, Dolores Castro, non está a facer nada polos veciños e agora, que veñen as eleccións, estase apuntado todos os tantos que pode como se fosen logros dela cando realmente non o son”.

Así de rotunda se mostra a portavoz socialista á hora de falar da actual rexedora. O arranxo de estradas, a reapertura da farmacia de Folgoso ou a construcción dunha residencia de maiores, son algúns dos temas que dende o PSOE consideran que, “todo isto conseguiuno o PSOE, sen embargo, Dolores Castro, está empeñada en demostrar que non é certo”.

Segundo a portavoz socialista, o acontecido o luns 17 de setembro en Folgoso foi un despropósito. Un veciño da zona atopouse mal e precisou asistencia médica; tal era a magnitude da situación, que un helicóptero do 061 desprazouse ata a zona para trasladar ó doente pero para cando chegou ó pé do centro médico non puido aterrar pola cantidade de maleza e materiais diversos que se atopan nas inmediación. A causa disto, o helicóptero tivo que aterrar nunha finca privada e, posteriormente, trasladar ó veciño en ambulancia ata a finca, perdendo así un tempo vital en situacións desta magnitude. “O estado de abandono do Concello de Folgoso do Courel é responsabilidade directa da alcaldesa do PP, que amosa un total desprezo ás persoas que viven no Concello, porque nin tan sequera vive no municipio nin se atopa nel cando sucedeu o percance o que da boa mostra do seu compromiso cos veciños”.  Seguindo a liña de sanidade, a portavoz tamén saliente que “o problema da falta de equipo médico no centro de saúde segue sen resolverse. Levamos anos pedindo un médico e unha enfermeira para Folgoso pero aínda non temos nada e dudo co vaiamos ter”.

Inmediación do centro médico de Folgoso/PSOE-Lugo

Carmen Álvarez tamén salienta o estado da estrada que enlaza Pedrafita co Courel. “Ao estar incluída dentro de Rede Natura é a Xunta quen ten a última palabra e así a teñen aínda a día de hoxe cando se pediu o seu arranxo xa no 2011. A última vez que fun a feira a Pedrafita houbo xente de Monforte que tamén veu pero por Nadela e outros, dende O Barco por Ponferrada cando dende O Courel podían ir a Pedrafita sen problema algún”.

Pero as comunicacións non son soamente por estrada. Carmen Álvarez denuncia que no Courel levan 15 días sen conexión a internet e cobertura telefónica polo que os veciños teñen que desprazarse en coche ata onde poidan usar os seus dispositivos. “Chamamos ao Concello pero aínda non arranxaron nada, eu creo que nos queren botar do Courel. E tendo en conta que hai trámites que se teñen que facer dende a sede electrónica, sen servizo de internet, é imposible”.

E é que segundo a socialista, o PP sempre está polo medio e sempre quere levarse os méritos sen facer nada polos veciños cando nin sequera vive no Concello, con eso dígoo todo. Ela vive en Lugo e non está todos os días en Folgoso, eu non sei como fai pero está claro que hai moitos días que vas á Casa Consistorial e non saben nada dela. Como pretende darlle solucións a un Concello no que está?”

Outros dos temos dos que os socialistas critican duramente a acción da alcaldesa Dolores Castro é a construcción da residencia de maiores no edificio do antigo colexio. “A alcaldesa pretende facer súa a xestión da construcción da residencia e centro de maiores de Folgoso cando dende o PSOE levamos loitando unha década e polo cal o PP nunca se interesou e puxo trabas. O anterior alcalde do Courel, o socialista José López, foi o primeiro en preocuparse polo tema xa no 2008 pero ca chegada de Feijoo á Xunta un ano máis tarde, paralizouse todo o proxecto. Dolores Castro nunca solicitou o reinicio do proxecto nin cando estaba a popular Elena Candia de presidenta da Deputación e finalmente foi o actual presidente do goberno provincial, Dario Campos, quen retoma os traballos para a construcción de dita residencia aportando 1.2 millóns de euros e o concello, 200.000″.

 

 

 

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here