HomesociedadeTres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do...

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación destinou 50.000 euros a este investimento, que reforza a colaboración que a entidade provincial mantén co concello a través do Plan Deputación cun investimento previsto de 291.333,69 € este 2025.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a disposición do persoal municipal para desprazamentos e traballos relacionados coa atención de espazos públicos e bens municipais, e coa prestación de servizos básicos como o alumeado público, o abastecemento de auga ou a recollida de lixo e de residuos.

O alcalde da Pobra do Brollón, Xose Lois Maceda, explicou que “un dos obxectivos principais do noso goberno é a mellora das condicións de vida no rural e para iso é fundamental que o persoal municipal dispoña no día a día dos medios necesarios para atender de forma axil e eficaz o funcionamento dos servizos públicos”. O rexedor recordou que “a colaboración é especialmente importante nun momento no que os concellos estamos infrafinanciados e temos dificultades para afrontar o custo dos servizos”.

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, lembrou “o esforzo orzamentario e de persoal que supón prestar estes servizos para concellos rurais como A Pobra do Brollón, con 22 parroquias e 118 núcleos de poboacion e unha ampla rede de vías municipais e zonas verdes, mais cando se ven na obriga de afrontar competencias impropias que a Xunta descarga nas administracións locais sen dotalas dos recursos necesarios como o Servizo de Axuda no Fogar”.

ÚLTIMAS

A Deputación inviste na provincia 3,2 M€ en axudas directas ao deporte de base

O servizo de Deportes tramitou as 55 axudas nominativas consignadas nos orzamentos de 2025:...

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...