InicioComarca de QuirogaRibas de SilGonzalo Caballero pide unha "nova política forestal de prevención"

Gonzalo Caballero pide unha “nova política forestal de prevención”

"Non pode ser que cada verán teñamos este tipo de incendios que se saen de control", afirmou o secretario xeral do PSdeG á vez que subliñou que a principal política contra incendios foi, "unha vez máis, a choiva".

Publicado o

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, manifestou a necesidade de implantar unha “nova política forestal, de prevención e de aposta polo rural”, para o que pediu “un acordo de país”. Así se expresou este mércores na súa visita ao Concello de Ribas de Sil, acompañado do alcalde, Miguel Sotuela, despois do gran lume forestal que afectou ao municipio.

“Non pode ser que cada verán teñamos este tipo de incendios que se saen de control”, afirmou Gonzalo Caballero á vez que subliñou que a principal política contra incendios foi, “unha vez máis, a choiva”.

O mandatario do PSdeG instou a retomar os “grandes acordos” que se tentaron despois dos incendios do outono do 2017. “É necesario que agora se materialicen”, apuntou.

Caballero criticou que a Xunta “faga recaer” as responsabilidades nos concellos da Galicia rural, “que non poden facer fronte a elas”. “No Parlamento imos seguir tendendo a man a un gran acordo”, deixou claro.

Igualmente, reclamou ademais un cambio na política laboral dos brigadistas co obxectivo de darlles “maior estabilidade”. Así, Gonzalo Caballero agradeceu o traballo destes profesionais, de militares e todas as persoas que loitaron contra o lume, como os do Concello de Ribas de Sil.

PROBLEMAS COAS COMUNICACIÓNS E A AUGA

Pola súa banda, o rexedor comentou que a situación “está máis ou menos controlada”, aínda que os helicópteros continúan botando auga en “puntos moi concretos” sen risco para as casas.

Miguel Sotuela cualificou o lume de “apoteósico” e, a título persoal, asegurou que o lume “foi intencionado”.

“Estamos preocupados pola lentitude que están a ter as empresas por arranxar isto”, lamentou o alcalde, pois se queixa de “que toda a comarca está sen teléfono. “No Concello non podemos asinar ningún papel dixital pola ausencia de Internet”, explica.

Ademais da ausencia de comunicacións, tamén arderon algunhas canalizacións que portaban auga da traída aos núcleos de Rairos, A Cabarca, Vilario ou As Fontes.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...