HomeComarca de SarriaLáncaraMultado con 1.800 euros un veciño de Láncara por non acudir á...

Multado con 1.800 euros un veciño de Láncara por non acudir á mesa electoral

Os feitos remóntanse aos comicios de 2019.

Publicado o

- Advertisement -

Un home acusado de non presentarse a unha mesa electoral na que fora designado como suplente de vogal, en Láncara, nas eleccións de 2019 aceptou unha multa de 1.800 euros.

Finalmente, houbo conformidade e non foi preciso que se celebrase xuízo na Audiencia Provincial de Lugo ao asumir os feitos e aceptar esa multa de 1.800 euros, segundo confirmou a avogada do procesado que quixo manterse no anonimato.

Segundo recollía o escrito da Fiscalía, o 28 de abril de 2019, notificóuselle persoalmente ao acusado que fora designado pola Xunta Electoral de Zona como primeiro suplente do segundo vocal dunha mesa electoral de Láncara.

O home tiña que acudir ás 8,00 da mañá dese día, con motivo da celebración das eleccións municipais e ao Parlamento Europeo previstas para o 28 de abril de 2019. O escrito do fiscal recollía que faltou a esa obrigación “sen que conste causa xustificativa de tal ausencia”, polo que en principio pedíaselle unha pena de 18 meses de multa a razón de 20 euros ao día, o que sumaba 10.800 euros.

O Ministerio Público considerou estes feitos constitutivos dun delito de incumprimento en mesa electoral.

ÚLTIMAS

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra presenta un programa de asesoramento especializado para os 10 proxectos finalistas

O programa presentábase este mércores no Parador de Turismo de Monforte por parte da...

Sarria acolle o 18 de maio o Festival Move os Marcos

Música, literatura, activismo e gastronomía conxúganse no programa deste encontro pensadoo para convocar público...

514 prazas para o ‘Programa Deportivo de Verán’ do Concello de Monforte

A edición do Programa Deportivo de Verán que organiza o Concello de Monforte conta...

Presentación de tres poemarios no Día das Letras Galegas no Ateneo Casino de Monforte

Este sábado 17 de maio, o Ateneo Casino de Monforte de Lemos será o...